O Medallón das Sete Pitas do Monte Pindo, un regalo singular
Non deixa de traernos sorpresas o Monte Pindo. Temos informado de numerosos achádegos en forma de moedas, vellas ermidas, pedras de "lapisazul", ou novas murallas. Hoxe, a Asociación Monte Pindo Parque Natural ten o pracer de achegarnos un novo tesouro.
Trátase do coñecido como Medallón das Sete Pitas (ou Medallón das Pléiades), que xa recollía Chisco Fernández Naval no seu blog. Medallón de cobre atopado no século XIX nalgún lugar próximo á fervenza do Xallas, que se perdeu durante a Guerra Civil e que ata o de agora unicamente coñecíamos polo debuxo que en 1875 publicou Barros Silvelo no seu libro Antigüedades de Galicia.
E non é que aparecera, lamentablemente, pero gracias a labor de investigación dos especialistas historiadores da entidade, veñen de realizar unha reprodución da man do artesán Pablo Leal. Un medallón que conta co selo de calidade de Artesanía de Galicia, e que xa está á venta para que todos os amantes do olimpo celta poidan realizar un regalo singular.
O propio Fernández Naval ten unha curiosa reflexión sobre o medallón, coa idea de que "hai algo profético no medallón", referíndose ás "aspas que rodean á figura central e que lembran os viraventos ou muíños eólicos que hoxe coroan a maior parte da xeografía que rodea o Monte".
Máis información
- Blog de Chisco Fernñandez Naval: O Medallón do Monte Pindo.
- Monte Pindo Parque Natural: Encarga o teu Medallón.
Máis achádegos no Monte Pindo
- Carnota repetirá viaxe de Castros a Castelos tralo rotundo éxito das Xornadas.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- Unha moeda de Alfonso X achada no Monte Pindo.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
- Atopan restos dunha ermida milenaria no Monte Pindo.
- Que fai unha pedra de “lapislázuli” no Monte Pindo?.
- Un gran castelo chamado Monte Pindo.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
Outras novas arredor do Pindo
- O Pindo prepárase para unha semana para diversificar de mar.
- O V Encontro Monte Pindo faranos disfrutar do sendeirismo, historia e gastronomía.
- Programa de actividades para o Verán en Carnota.