Mércores. 08.07.2020
El tiempo

O sur da Costa da Morte volve comerse o mar

O sur da Costa da Morte volve comerse o mar

Lodo exitado do ano pasado, volven as xornadas gastronómicas Comete o Mar, Tempada Gastronómica Mariñeira, no marco do proxecto Mar Galaica Turismo Mariñeiro, financiado polo Grupo de Acción Costeira 4, Seo de Fisterra-Ria de Muros e Noia.
As xornadas serán presentadas esta mesma tarde de xoves no restaurante Pepe do Coxo, en O Freixo, Outes.

Nesta segunda edición participan 17 restaurantes da franxa costeira comprendida entre Fisterra e Porto do Son con menús comprendidos entre os 25 e os 35 euros. Estes menús estarán dispoñibles todos os fins de semana comprendidos entre o sábado 28 de outubro, inicio oficial das xornadas, e o domingo 4 de decembro. Para degustalos só e preciso acudir ao restaurante seleccionado en función do menú que mais nos interese e que poderemos seleccionar en www.margalaica.net.

Sostible e artesanal

O denominador común a todos os menús son os peixes e mariscos das lonxas do territorio xa que o obxectivo das xornadas é a promoción da gastronomía do mar e da pesca artesanal e sostible.

Novidades en forma de Obradoiros

Cómete o mar incorpora como grande novidade este ano a presencia de catro Obradoiros gastronómicos, que se realizan ao longo dunha tarde cada un, combinando a selección de peixes e mariscos en lonxas ou cetáreas e de algas nas praias e rochas para despois preparalas co cociñeiro ou cociñeira do restaurante onde eleximos facer o obradoiro e, finalmente, degustar os pratos preparados en compaña dos compañeiros de obradoiro.

Novas relacionadas

I Xornadas Cónete o Mar

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do GAC 4.

comentarios