Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os escolares de Carnota achéganse á arqueoloxía

Os escolares de Carnota achéganse á arqueoloxía
taller-ceramica-castrexa-carnota Un grupo de nenos e nenas veñen de participar nun taller de cerámica castrexa Ao longo destes días desenvolveranse en Carnota varias actividades encamiñadas a potenciar a cultura e o coñecemento dos recursos turísticos do municipio. Así, unha das principais accións é ampliar o coñecemento entre a poboación máis nova do Museo Aberto de Carnota e dos seus espazos arqueolóxicos xa que actualmente é un dos recurso sde divulgación máis sobre a historia da vila así como o seu atractivo turístico. Desta forma, un grupo de nenos e nenas de distintas idades participaron recentemente nun taller de cerámica castrexa dinamizado polos monitores ceramistas de Tesouros Novos, co obxecto de que os participantes elaborasen pezas coas técnicas utilizadas na cerámica da Idade de Ferro, así coma a súa decoración. Ademais do coñecemento das múltiples formas e usos das pezas de cerámica, explicouse a utilización das mesmas dentro da vida cotiá dos castros, xa que os modelos empregados eran cerámicas documentadas a nivel arqueolóxico, mantendo as formas, decoracións, texturas e acabados, permitindo así unha visión máis real das pezas orixinais. taller-ceramica-castrexa Os participantes no taller de cerámica castrexa elaboraron pezascos técnicas empregadas na Idade de Ferro O proceso de fabricación desenvolveuse dende o moldeado da peza ata a súa posterior decoración polo que os rapaces tiveron a oportunidade de desenvolver a actividade como nun auténtico taller artesán de olería. Excavacións Ademais, alumnos e alumnas do CEIP de Carnota, do CEIP do Pindo e do IES Lamas de Castelo participan ao longo desta semana nun proxecto de divulgación científica bautizado como "Arqueocampo, a verdade está no fondo". Os participantes converterse en arqueólogos e arqueólogas por unhas horas a través dunha simulación do traballo que se desenvolve nun xacemento, coa que se intentará que os escolares repliquen a experiencia da última campaña de escavación no Castro de Mallou. Esta acción permitirá vivenciar todas as fases da cadea de traballo arqueolóxico dende a escavación, o procesado de material e as mostras e os labores de gabinete, para levar a cabo unha investigación a través de actividades prácticas e dinámicas, seguindo a metodoloxía arqueolóxica. Primeiro realizarase o núcleo da investigación arqueolóxica, que é o traballo de campo na escavación, a través dunha simulación de dous xacementos, concretamente dúas cabanas castrexas, tratando de representar unha escavación real. Tamén se colocarán utensilios e ferramentas, asícomo paneis e fotografías de escavacións reais , materiais e estruturas, para ambientar a actividade. Posteriormente, procedese ao tratamento dos materiais arqueolóxicos e ao tratamento das mostras, con explicacións por parte dos monitores sobre os mecanismos de datación e os aspectos da vida cotiá das persoas que habitaron o xacemento (cultivos, alimentación...). Finalmente, os participantes aprenderá a arquivar os materiais xunto coas fichas e informes, para a súa posterior interpretación. Estas actividades organizadas polo concello de Carnota enmárcanse no programa de promoción turística e cultural da Deputación da Coruña. Novas relacionadas Fonte Fonte    

Comentarios