Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os pequechos de Carnota deixan o lapis e póñense os esquís

Os pequechos de Carnota deixan o lapis e póñense os esquís
Non paran os cativos de Carnota. O pasado venres uns 30 nenos realizaron unha pinza portafolio na sesión dos Vernes Lúdicos, que voltaba tras o descanso do Nadal. Pero os pequechos xa teñen a cabeza noutra parte. I é Concello de Carnota, en colaboración cos Centros Educativos da zona e a empresa Nalú, oferta aos rapaces de entre 12 e 17 anos a posibilidade de disfrutar dos deportes de inverno na estación de esquí de Leitariegos, León. Unha estancia de 5 días e catro noites (do 21 ao 25 de febrero) no albergue El Campelín, Ocero, con pensión completa e actividades diversas como: clases de esquí diarias, ruta con raquetas pola neve, veladas, construcción de iglús… Todo supervisado por monitores especializados e con moita experiencia neste tipo de excursións. Os requisitos, ademais da idade anteriormente citada son: estar empadroado no Concello de Carnota e a autorización por parte dos titores do colexio no que cursen estudios. O prezo con todo incluído é de 150 € e teñen ata o 4 de febreiro para apuntarse no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota, onde se lles facilitará mais información aos interesados.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

Comentarios