xoves. 08.05.2025
El tiempo

Quilmas comparte saberes e sabores

Quilmas comparte saberes e sabores
A árbore do té servirá para facer aceites esenciais

Este sábado 24 de agosto toca compartir saberes e sabores polas terras de Quilmas, coa xente da cooperativa Rainha Lupa. Unha cita para aprender a facer aceites esenciais de árbore do té por destilación e a elaborar xabóns artesanais. Será unha xornada tranquila na que tamén tratarán outros temas relacionados coas menciñeiras e concretamente as propiedades desta planta.

O programa comezará ás 11:00h cunha saída a apañar as prantas para logo facer os aceites e despois, mentras se fai a extracción ao longo do día, tocará sesión cos xabróns.

É importante anotarse para que dende a cooperativa poidan xestionar os espazos, as comidas, as camas... do que se ocupan, coma sempre, a brava e hospitalaria como poucas xente quilmeña. Poden confirmar asistencia no 981 760 227 ou a través do casadareinalupa@hotmail.com.

Programa da Xornada Compartindo Saberes

Durante os 24 e 25 de agosto en Quilmas– Carnota nas instalación da Cooperativa Raínha Lupa:

Sábado 24:

  • 10:30—Chegada á Fonte de Quilmas. Rolda explicativa do traballo a realizar.
  • 11:00– Escomezamos coa colleita das polas.
  • 13:30- Preparación da planta para a destilación
  • 14:30. Xantar (farémolo tod@s xuntas, e compartiremos o que cada quen traía)
  • 16:00– Preparar o alambique e comezar a destilación. Outros xeitos de extraer compostos activos das plantas (oleatos, infusións, maceracións, etc…). Obradoiro de cremas con oleatos e cera, tintura de própolis. E Obradoiro de elaboración de xabróns.

Domingo 26

  • 10:30– Control da destilación.Fin destilación. Decantar e envasar o produto. Obradoiro de elaboración de xabróns.
  • 14:30– Xantar.
  • Visita ao Porto de Quilmas e Praia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios