Traballos de limpeza en tres ríos de Carnota
23:12 03/10/21
Os ríos Rateira, Pedrafigueira e Nóutigos, ao seu paso por distintos lugares das parroquias de San Mamede e de Santa Comba, en Carnota, quedaron algo máis limpos. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de executar actuacións de conservación e limpeza en 35 km dos 3 ríos.
As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.