domingo. 08.12.2024
El tiempo

41 días de espera media para consultas externas no Hospital VdX

41 días de espera media para consultas externas no Hospital VdX

En plena marexada ante as protestas do Colectivo de Limpeza do Centro, o Hospital Virxe da Xunqueira fai públicos os resultados, as cifras, acadadas durante o pasado 2011. Este ano o obxectivo que se prantexa é o de mellorar en patoloxías graves, urxentes e que precisen internvención.

Segundo informa a Xerencia, o resultado máis importante é a redución da espera media en consultas externas de 44,5 a 41 días. I é que o número de consultas realizadas ao longo do ano 2011 ascendeu a 63.868, é dicir, 845 máis que no ano 2010. Pero hai outras cifras relevantes:

  • O tempo medio de espera cirúrxica en patoloxías con prioridade 1 consolidouse nos mesmos parámetros que no ano 2010, con 6 días.
  • O tempo medio de espera para patoloxías de prioridade 2 reduciuse en algo máis de 8 días (un 10%), pasando de 43,1 días en 2010 a 34,9 en 2011.
  • Ningún paciente en lista de espera cirúrxica ten que esperar máis de 3 meses para ser intervido.

Area de hospitalización

En canto ao que se refire aos indicadores asistenciais a estancia media dos pacientes hospitalizados descendeu en máis de medio punto, pasando de 7,15 días no ano 2010 a 6,55 días no pasado ano.

Área de urxencias

O número de pacientes atendidos no servizo de urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ao longo do pasado ano foi de 16.413, 704 pacientes menos que no ano 2010.

Probas diagnósticas

Na área de probas diagnósticas o tempo de espera medio para realizar unha mamografía é en 34,5 días; para unha resonancia magnética a espera é de 25 días; un TAC son 5 días, ou unhaa ecografía abdominal, é de 24 días, sensiblemente inferiores ao ano pasado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xerencia do HVdX.

Comentarios