xoves. 01.05.2025
El tiempo

5 comparsas farán da retranca arte no entroido fisterrán

5 comparsas farán da retranca arte no entroido fisterrán
Un ano mais estaremos de xurado no Entroido de Fisterra Un ano máis estaremos de xurado no Entroido de Fisterra 5 son as comparsas que actuarán no entroido fisterrán este vindeiro sábado 6 de febreiro. Máis de 1.500 encherán o pavillón dende primeira hora da tarde, así que xa saben que cómpre ir cedo para coller sitio. Son moias as incógnitas para este ano. A máis importante, que tal resultará a data sabatina, despois de máis de 25 anos sendo en Martes. Pero ademais temos curiosidade por saber coo collerá o relevo na animación o gran Xurxo Souto desa familia de artistas fisterráns. Ou se o novo alcalde, Pepe Marcote, levará tantos paus como o anterior (xa levaba como concelleiro da oposición bastante…) ou se fará o seu discurso en verso como Traba. O que non cabe ningunha dúbida é que non faltará a copla, a ironía e a sátira, neste entroido que fai da retranca arte. 3 comparsas fisterrás que repiten do ano pasado, e as coñecidas de Lires e Gures formarán de partida nunha aliñación de luxo. Faltárá a de Buxantes, unha xa das clásicas, pois a presentación ten que ser obrigatoriamente no entroido de Dumbría . Romperán o xeo Os da Charca de Fisterra, que se estrearon o ano pasado e xa non marchan. De seguido tocaralles o turno ás xentes de Lirex,a última aldea de Gala. Os nenos do coro de Fisterra, gañadores do ano pasado, serán o ecuador da xornada. Despois, tocaralles aos Tortugas y Peces de Fisterra, gañadores en 2014, antes de que peche a Comparsa de Gures. Todas competirán polos preto de 4000 € en premios e se o tempo o permite, logo do concurso, as comparsas participantes desfilarán e recollerán os seus premios na praza da Constitución da vila.

A exposición

Outra novidade que non figura no cartel é que o luns 8 pola tarde, na exposición da historia do entroido fisterrán sita no mercado municipal desde o próximo venres, varias persoas destacadas no carnaval e comparsas dos comezos farán unha charla coloquio sobre o mesmo e poderase degustar filloas, orellas, entre outras cousas.

Queima do polbo

[fbvideo link="https://www.facebook.com/roberto.trabavelay/videos/10207056347905983/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] A traca final, será o sábado 13 de febreiro, collendo o relevo en fin de semana do Mércores de Cinza. A Queima do Polbo terá lugar ás 18:00h na Praia da Ribeira e estarán presentes os Cabezudos. Xa andan os artensáns mans á obra como vemos da man de Roberto Traba… Para que vexamos algo así…

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios