Luns. 09.09.2024
El tiempo

A Batalla polo Xulgado de Corcubión continúa

A Batalla polo Xulgado de Corcubión continúa

Non para. Xa vedes que a loita por evitar a perda do Xulgado de Corcubión non cesa. A Costa da Morte segue activa, e a campaña @CPX segue en marcha, por exemplo, con estes vídeos a través das redes sociais.

O grupo promotor deste movemento xa social está a ser o BNG costeiro, que avisa ademais que seguirá coa campaña contra a supresión do Patido Xudicial de Corcubión, mesmo despois de que Gallardón anunciase a semana pasada que se manterán tódolos partidos xudiciais do país, entre eles o de Corcubión.

Recordan que no anuncio, non só anuncia o mantemento, tamén se fala de “se corregirán ciertas disfunciones”, algo que queda demasiado aberto. E valoran que a proximidade das eleccións locais, “de seguro son o detonante deste anuncio exprés acompañado do presidente da Xunta, polo que a rectificación, moito nos tememos, non será completa”.

 


Novas relacionadas

Fonte

A Batalla do Xulgado de Corcubion

Comentarios