Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco volve convocar aos mellores alumnos para os seus Premios Académicos

A Fundación Fernando Blanco volve convocar aos mellores alumnos para os seus Premios Académicos
Premios Fundacion Fernando Blanco Cee

A Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e o Concello de Cee) e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a quinta edición dos Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao curso 2015-2016.

Tralo éxito das convocatorias anteriores, Fundación e Instituto seguen a lembrar con elas que o obxectivo de D. Fernando Blanco de Lema foi a construcción na súa vila natal, dun centro de primeira e segunda ensinanza, cuia finalidade era a correcta formación dos alumnos/as da comarca, buscando con elo que non tivesen as carencias formativas que él, e outros tantos coma él, tiveron nas súas infancias. Que mellor maneira de lembrar este feito que a través duns Premios que leven o seu nome, destinados a recoñecer o esforzo do alumnado deste emblemático centro educativo.

Ao igual que en edicións pasadas, ditos Premios teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1o de F.P. Básica; 3o da E.S.O; 1o Bacharelato; 1o de Ciclo Medio e 1o de Ciclo Superior). Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores).

Os alumnos/as que opten a estes Premios deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5.

A cerimonia de entrega das mesmas, celebrarase o 1 de outubro de 2016 no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.

Máis información

As bases que rexerán a concesión dos Premios Académicos Fernando Blanco Curso 2015 – 2016 atópanse na web www.museofernandoblanco.org. (apartado premios 2015-2016).

Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contan coa colaboración de varias entidades e establecementos: Deputación da Coruña, Estación de Servicio Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel - Vodafone, Roberto G. Rigaut (Mapfre), Compucee e Seguros Costa da Morte.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios