Luns. 20.05.2024
El tiempo

A Fundación Fermando Blanco recompensa a aplicación dos mellores alumnos ceenses

A Fundación Fermando Blanco recompensa a aplicación dos mellores alumnos ceenses
Cerimonia de entrega das Becas da Fundacion Fernando Blanco

Se xa estivemos descubrindo os mellores expedientes do Agra Raíces, hoxe toca coñecero os agraciados/as cos Premios “Fernando Blanco” correspondentes ó curso 2014-2015, os cales están organizadas conxuntamente, por cuarto ano consecutivo, pola Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e polo Concello de Cee) e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración da Deputación da Coruña e de varias firmas comerciais do concello.

Os premiados nesta cuarta edición dos Premios “Fernando Blanco” foron:

  • TANIA MARTÍNEZ CARRIL (1º F.P. BÁSICA - ELECTRÓNICA E ELECTRICIDADE)
  • GEMMA FELIPE SOLANO (3º ESO)
  • JOSÉ MANUEL ABUELO REY (1º BACHARELATO)
  • DIEGO LÓPEZ GONZÁLEZ (1º CICLO MEDIO - ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES).
  • PAULA CAAMAÑO SUÁREZ (1º CICLO SUPERIOR - ADMINISTRACIÓN E FINANZAS).

Con estes Premios Académicos, tanto a Fundación como o Instituto ceense, tratan, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, adicación e aptitudes dos alumnos e alumnas, así como, ó mesmo tempo, recuperar una tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que xa no Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, recollíase o feito de outorgar una serie de premios para os alumnos e alumnas “co fin de recompensar a súa aplicación e aproveitamento”.

Os Premios “Fernando Blanco” están destinadas a agasallar ós mellores expedientes académicos dos seguintes cursos: 1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º Ciclo Superior.
As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,90 e o 9,33. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.

Cada un dos Premios está valorado en 512 € (200 € en metálico e 300 en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase o sábado 5 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios