A gardería, un servizo pritoritario ou non
Xa falaramos da carencia de prazas nas garderías da bisbarra. Pero nunca nos prantexaramos a dúbida sobre se é ou non un servizo básico. Parece que a resposta non é tan evidente, e vemos que en tempo de recortes, estes chegan de todas as administracións.
Descubriamos onte as intencións do alcalde de Cee, Ramón Vigo, para coa gardería. Unha subida de prezo que multiplica por tres o custe mensual por enviar un neno á gardería, pasando de ser un servizo asequible para todas as familias, a ser un servizo exclusivo. I é que non todas as familias se poden permitir pagar 230€ ao mes por enviar aos seus fillos.
O alcalde vai hoxe máis aló, e ameaza con non abrir a nova Gardería (que debería estar aberta dende o pasado marzo se facemos caso ás súas propias palabras), porque de non subir as taxas se convertiría nun servizo ruinoso.
Outra das apostas do alcalde é a subida das taxas da Escola de Música de Cee, un dos mellores exemplos de escolas musicais do país, que podería deixar de ter a súa condición de "aberta para todos os públicos".
Un servizo básico?
Pero aí chega unha reflexión sobre a prioridade dos servizos básicos. É ou non é a educación, concretamente a entre 0 e 3 anos, un servizo fundamental no sistema educativo? Son acaso as festas servizos básicos para o desenvolvemento dun Concello?
De feito, moitos veciños consideran que a gardería debería ser gratuita, pero parece que os pasos que se están a dar no concello de Cee van noutro sentido. E para que falar de conciliación da vida laboral e familiar...
A oposición, PP e BNG, tamén manifestou a súa posición radicalmente contraria á decisión.
Prioritario para a oposición corcubionesa
Atento está o BNG de Corcubión para destacar que presentará unha niciativa para que "os fondos do Plan de Obras e Servizos do vindeiro ano se destinen a mellorar as instalacións da escola infantil de Corcubión, a primeira gardería pública de Galicia e da comarca". O BNG corcubionés pretende que os preto de 75.000 € deste plan se destinen ao centro infantil.
O obxectivo sería o de ampliar as prazas (de 20 a 30), ampliar o horario, e adecuar as instalacións para a incorporación de rapaces de 4 meses a 1 ano, sen esquecerse de crear un comedor para os nenos e nenas.
Novas relacionadas
- Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte.
- As escolas seguen protestando polos recortes.
- Unha de queixas escolares.
- Seguemento dispar da folga entre os mestres da Costa da Morte.
- Artigo Sen xeito de Fran Hermida: Pobo vivo?.
- A bitácora da semana (CXXXVI): Os blogues do CEIP Milladoiro de Malpica.
- Comeza un curso con recortes e ilusión.
- Os recortes no ensino deixan torto o CEIP Milladoiro de Malpica.
- A Escola dos Muíños critica os novos recortes da Xunta para coas Bibliotecas Escolares.
- Usando a internet na escola .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.
- La Voz de Galicia.
- El Diario de Bergantiños.