A xefatura de tráfico de Madrid cede 2 coches ao FP do IES Fernando Blanco

08:35 30/01/14

Así de contento posa o alumnado do Ciclo de Grao Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles do Instituto Fernando Blanco. E non é para menos, xa que a Xefatura Provincial de Tráfico de Madrid cedéronlle estes dous coches para desenvolver as prácticas de de motores, mecanizado, etc... no taller do FP. Son un Monovolume Peugeot 807 2.2 HDI e un Furgón Ford Transit 2.2 TDCI.
Xa non é a primeira vez, pois o ano pasado chegaban dous todoterreo da Garda Civil aos que xa lle terán feito de todo.
Desde a dirección do centro queren amosar o seu agradecemento pola colaboración coa formación do alumnado destas ensinanzas profesionais.
Novas relacionadas
- Unha nova máquina elevadora para o taller do IES Fernando Blanco.
- Os usuarios de Aspadex fanse mecánicos co FP do IES Fernando Blanco.
- Dous todoterreo da Garda Civil para facer prácticas no IES Fernando Blanco.
- O IES Fernando Blanco anima aos maiores sen estudos a sacar a ESA.
Fonte
- IES Fernando Blanco.