Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de matrícula para as Ensinanzas para Persoas Adultas no IES Fernando Blanco

Ensinanza de pesoas Adultas EPA
Aberto o prazo de matrícula para as Ensinanzas para Persoas Adultas no IES Fernando Blanco

As ensinanzas de Educación de adultos ofrecen unha nova oportunidade de formación para aquelas persoas que non teñen a titulación básica, para quen non rematou a EXB, para quen precise o título de Graduado en ESO e continuar estudos en ciclos formativos, bacharelato, etc.

Así, dende o IES Fernando Blanco recordan que do 10 ao 18 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre do curso 2021-2022, para as ensinanzas do módulo II (2º da ESO) e módulo IV (4º da ESO).

Lembran, de igual xeiro, que no caso Ensinanzas Básicas Iniciais (destinadas a persoas adultas que precisen alfabetización básica, cálculo, aprendizaxe do idioma...), o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso.

As Ensinanzas de Adultos impártense de forma presencial no IES Fernando Blanco, en horario de 18:30 a 22:30, de luns a xoves.

Comentarios