Martes. 16.04.2024
El tiempo

Unha alumna do Manuela Rial Mouzo gaña un premio autonómico de Relato Curto

Sarai Baldomar e Ainhoa Trillo na biblio do CEIP Manuela Rial
Sarai Baldomar e Ainhoa Trillo na biblio do Manuela Rial
Unha alumna do Manuela Rial Mouzo gaña un premio autonómico de Relato Curto

Ainhoa Trillo Atán, alumna de 2º ESO do CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee recibiu en Monforte de Lemos, nun acto que tivo lugar nos Escolapios, o galardón que a acredita como gañadora da 11ª edición do mencionado concurso, reservado para estudantes de 2º ESO. Superada a primeira fase que se celebrou nas sedes das tres Universidades galegas e na que participaron arredor dun milleiro de participantes, só 21 traballos accederon á gran gala final autonómica celebrada en terras de Lemos. Clasificábanse tres traballos por cada un dos sete sectores do concurso.

Alí, outra alumna do Manuela Rial Mouzo, Sarai Baldomar Carballo acadou un dos segundos premios que se entregaban. Cabe destacar que esta alumna tamén está nominada para a gala do mesmo certame en castelán que se vai celebrar este vindeiro venres.

Na quenda final, entre os traballos que foron seleccionados como primeiros premios dos sectores respectivos, disputábase o Premio Autonómico que recaeu en Ainhoa Trillo Atán.

Agora a estudante ceense viaxará a Madrid á Gran Gala Nacional e disfrutará dun Taller de creación literaria e mais dunha viaxe cultural e de lecer por Escocia.

Novas realacionadas

Comentarios