APEM viviu un Entroido de Circo
09:59 12/02/13
Onte luns, e tralo primeiro asalto da fin de semana entroideura na Costa da Morte, a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) festexou o seu particular Entroido no seu local de Cee. Unha festa de entroido que este ano tivo como temática “O CIRCO APEM”.
Para este acto contaron coa colaboración de alumnos do Colexio Manuela Rial Mouzo que realizaron un número de teatro circense. Tamén participaron familiares e amigos, que xunto coa actuación dos nosos usuarios e traballadores, fixeron da tarde unha xornada diferente, animada e chea de alegría.
Rematouse a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes.
Novas relacionadas
Entroidos da Costa
- O Entroido de Fisterra xa ten o seu cartel cheo de caras coñecidas.
- Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido.
- Muxía reaviva o Entroido a base de pinchos e co Entroido do Percebe como fin de festa.
- Baíñas ten un entroido de seu.
- Cee centra o Entroido no Sábado de Piñata.
- Muros enterrará ao Facundo no seu Entroido comparseiro.
- Camariñas prepara un entroido de Piratas e velorios.
- Zas prepara o seu Entroido cheo de xogos.
- Carnota e Mazaricos preparan os seus entroidos.
- Ponteceso tamén pensa no Entroido.
- Un entroido doble en Corcubión.
- Malpica, Laxe e Cabana propoñen un Entroido coa Mikaela, Caietano e os Ghañán Style.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).