As fochancas instálanse nas estradas das parroquias de Cee

09:35 24/01/14

Presentará alegacións o BNG de Cee aos orzamentos municipais. Uns orzamentos que eran aprobados o pasado 19 de decembro, sobre os que o BNG vai facer propostas. Sobre todo, en materia de infraestruturas locais, e vendo as imaxes que nos envía, parece que son bastante necesarias.
Un dos temas máis polémicos está sendo na estrada de Lires. Aló por xullo o BNG pedía o arranxo da estrada costeira de Lires, e o goberno municipal aseguraba telo pedido pero estar agardando ao permiso de Costas. Parece que o permiso non chegou porque o arranxo nunca se levou a cabo e esta semana a estrada derrumbouse. A estrada tivo que estar pechada ao tráfico estes días.
Renovación de estradas
- A terminación da renovación do asfaltado da estrada Toba-Lires. O goberno anterior renovou a estrada dende Toba ate a Cabaleriza, parándoa xusto na entrada a parroquia de Lires, polo que falta o tramo ate o final.

- O arranxo das vías interiores en Raso-Brens. Estas vías están pouco menos que intransitábeis, cheas de baches e pozas de auga.

- O arranxo da travesía de Ameixenda. Esta pasa por ser unha obra demandada, dende que a estrada a Muros se pasou a parte de abaixo da aldea. Dende aquela, nada se fixo na travesía, quedando obsoleta e falta de renovación total.

- Dispoñer a instalación do parque infantil de Lires, sendo esta unha dotación mais que necesaria para equiparar as dotacións de todas as parroquias.

Novas relacionadas
- O BNG ceense presentará alegacións aos orzamentos 2014.
- O presunto trato de favor con Mercandona en Cee chega ao Parlamento.
- 31-07-13: O Goberno de Cee xa pedira a Costas o arranxo da estrada de Lires pero segue esperando.
- 29-07-13: Piden arranxar a estrada de Lires.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.