mércores. 30.04.2025
El tiempo

Brens sentíu solidariedade da música tradicional

Festival Solidario na Casa da Cultura de Brens
Brens sentíu solidariedade da música tradicional

Este sábado celebrouse en Brens o Festival Solidario de música tradicional galega con diferentes grupos locais e da nosa contorna. Foi un éxito en canto asistencia de público (unhas 100 persoas que encheron a Casa de Cultura) e en recollida de alimentos perecedoiros para Cáritas da Unidade Pastoral de Cee, nada menos que uns 700kg. 

Casa da Cultura de Brens ateigada
Casa da Cultura de Brens ateigada

Foi unha tarde moi especial con actuacións variadas desde o grupo de gaitas de Lires e as premiadas pandereiteiras "Cabaleiras do Camiño", o numeroso grupo "O Son dos Muíños" de Toba, as animosas "Rinchonas" da Universidade Popular de Corcubión, o grupo Ghandaina co seu estilo folk amosando un gran dominio dos instrumentos (harpa, acordeón, violín...) e finalmente o artista de Brens Alex Castro co seu acordeón acompañado do profesor de baile e pandeireta da SDC Brens, Tomás Lagoa.
Este festival demostra que a xente de Brens e da bisbarra participa activamente da nosa cultura e, se é cun fin solidario, aínda máis.

A xente da activa ACD Brens espera repetir para o ano que vén, e espera tamén a seguinte actividade, a chegada de Talía Teatro. 

Festival Solidario de Brens

Comentarios