domingo. 01.12.2024
El tiempo

Cee busca o eu cartel contra a Violencia de Xénero

Cee busca o eu cartel contra a Violencia de Xénero
Un dos carteis gañadores do Concurso do 2011

Xa chega o mes de novembro, e con el o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Non imos avanzar nada da fermosa iniciativa que está artellando a Asociación Feminista Buserana, tanto para este 25N como para o 8 de marzo, día da Muller Traballadora. E se onte falabamos das axudas da Xunta en materia de Igualdade aos Concellos de Muxía e Dumbría, hoxe falamos do Concello de Cee e do novo Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero.

É a Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal do concello de Cee, en colaboración co CIM, a que abre o prazo para o V concurso de carteis contra a violencia de xénero 2013. Os traballos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 13:30h ata o día 12 de novembro.

Establecense dous premios: 1º premio: 300€ e 2º premio: 150€. E poderán presentarse todas as persoas maiores de 14 anos.

As bases están expostas nos taboeiros do Concello, CIM e na páxina web do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios