Cee cambia o rumbo da economía mundial

12:16 11/02/11

Da importancia de informarse
O propio Marcos falou da súa experiencia persoal e de como a información pode cambiar a túa vida. Instou a toda a poboación a informarse, e reinformarse, máis aló dos medios xeneralistas, que sempre agochan os asuntos máis peliagudos da economía mundial. Puxo exemplos como o caso de Islandia, moi debatido entre os asistentes, e quedou patente a necesidade de bucear na información para saber que o crack islandés foi provocado porque o goberno negouse a acodir ao rescate dos bancos e non por causas propias da súa economía.Economía Local
5 Galicias necesitariamos para manter este ritmo de vida. Así o dí a nosa "pegada ecolóxica", nun nivel 5 imposible de manter. I é que o 20% da poboación mundial consume o 80% dos recursos. Pero achegándose ás nosas vilas, Marcos preguntouse se realmente as grandes superficies implican unha mellora na calidade de vida, se implican desenvolvemento positivo. Marcos falou da experiencia na súa vila natal, Chantada, onde os produtores locais non poden competir cos produtos chegados de outros continentes. Nesa liña puxo exemplos a nivel local, como a Cooperativa Lonxanet, ou a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca, dúas cooperativas moi vencelladas á nosa bisbarra e que demostran que outra economía é posible.Conclusións
Dende un pequeno lugar da fin do mundo, son moitas as cousas que se poden cambiar. Comezando polo consumo, e aí vai ir enfocada a seguinte campaña do comité COSAL Costa da Morte.Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte tamén quere unha economía xusta.
- O II Maio Solidario comeza responsablemente entre Zocamiñoca e Quilmas.
- Lonxanet fomentará o peixe sostible e galego .
- Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza.
- COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte.
- A Costa da Morte pon Rumbo a Gaza.
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).