mércores. 30.04.2025
El tiempo

Distance, unha nova banda de Cee nas semifinais do festival MusicAula

Distance, unha nova banda de Cee nas semifinais do festival MusicAula
O Grupo de Cee Distance en As Pontes

A canteira musical costeira está de noraboa. Acabamos de saber que a banda Distance, de Cee, vén de participar no festival de pop rock para estudantes a nivel nacional, Musicaula. O grupo costeiro, pertencente a Escola de Música de Cee, foron ata As Pontes para participar nas semifinais ante bandas de Santiago ou Xixón como Electros, Ranas Blancas e Persé.

Distance presentouse co suave tema Fly, escrito pola cantante Cris e a súa mellor amiga un día calquera en plena case, fala de ser libres e de poder arrincar e marchar coa parella por aí.

Haberá que estar atentos ás redes sociais de MusicAula para voltar aos noso novos veciños e que poinda ir á finalísima.

Xa podedes ver aos Cris Gulias (Guitarra/Voz) Brais Amboade (Guitarra) Dani Castiñeira (Guitarra rítmica/voz) e Fran Cives (Batería) a partir do minuto 4:52 neste vídeo:

Máis información

Novas festivaleiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
A banda ceense Distance na semifinal de MusicAula

Comentarios