Exemplos prácticos do ben que funciona Salvacadelos


Esta semana puidemos comprobar o ben que funciona a Comunidade que temos creada na rede a través da iniciativa solidaria Salvacadelos. As Veterinarias da Clínica Veterinaria Argos de Cee, sempre atentas a cada movemento subían ao Facebook de Salvacadelos o pasado mércores a imaxe destes dous gatiños e destes dous canciños, que aparecían perdidos por Cee, e a resposta non puido ser mellor.
Ducias de siareiros compartían as fotos, e en apenas unhas horas, os donos daban sinais de vida e pasaban a buscalo no mesmo día.
Os cadeliños aparecían perdidos pola Lagarteira, o gatito negro tamén por Cee e o branco e laranxa preto da gasoliñeira. Espectacular a resposta para este gatiño branco, pois de contado, Noelia Quintáns o recoñecía a través do Facebook e pasaba a buscalo! Ben por Niko, que xa está na casa!!
Un bo exemplo de como unha comunidade creada na rede serve para moitísimo. Xa van centos de familias creadas a través do Facebook e mais do blog, e outras tantas familias que atoparon aos seus perdidos a través da internet.
Gracias a todos!
Novas relacionadas
- Un perfecto modelo saído de Salvacadelos.
- A historia do gato e a salvadora Meme.
- A viaxe salvadora de Tripod.
- Pinio medra feliz en Suiza.
- A incrible historia de Pinio.
Máis información de Salvacadelos
Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:- Salvacadelos.com.
- Salvacadelos polo Facebook.
- Clínica Veterinaria Argos de Cee: T. 981 745 826.
- Editorial: Cumple a lei, identifica ao teu can.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).