Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Miguel San Claudio contoulle a Fernando Blanco a historia dos naufraxios costeiros

Miguel San Claudio contoulle a Fernando Blanco a historia dos naufraxios costeiros
Miguel San Claudio en Cee-Foto-Tania Carreira

Poucos, ou ninguén, coñecen mellor ca el as profundidades das nosas rías. O arqueólogo submariño Miguel San Claudio leva anos traballando sobre os pecios da Costa da Morte, e quixo compartir as sús sabedoría cos alumnos/as de 2º ciclo de primaria dos colexios Manuela Rial Mouzo e Eugenio López de Cee. Unha charla que completa a realizada por outro dos meirandes especialistas na materia da zona, Rafael Lema.

Foi interesantísima a charla que ofrecía o sábado San Claudio, baixo o título "O vapor Great Liverpool. Un palacio victoriano afundido na praia de Gures”, sobre o barco afundido en 1846. Unha charla que trouxo a historia concreta deste caso, pero que repasou a historia da zona do mundo con máis naufraxios documentados (arredor do 1000) reincidindo na idea sobre a que xa falara Lema.

Unha charla que ademais serviu para lanzar unha denuncia sobre a falta de interese en explotar a nosa riqueza subacuática.

Miguel San Claudio en Cee-Foto-Tania Carreira

Tempo para os peques

Obradoiro con Maria Canosa

Houbo tempo tamén para os nenos. Durante a semana, foi a compañía Elefante Elegante a que trouxo o espectáculo "Lobo Bobo", dirixido a uns 180 alumn@s de 1º Ciclo de Primaria dos colexios Eugenio López, Manuela Rial, Brens e Pereiriña. Que grande é Gonçalo Guerreiro, tan grande que os rapaces resistíanse a marchar.

Xa durante a fin de semana tiveron lugar dous divertidísimos obradoiros de "Letras e Ciencias" impartidos por María Canosa e dirixidos a alumnos/as de 2º ciclo de primaria dos colexios Manuela Rial Mouzo e Eugenio López de Cee.

O Lobo na Fundacion Peques do Manuela escoitando o Lobo

Unha de rap para pechar o ciclo

O programa rematará o vindeiro martes 28 de outubro con dous novos obradoiros, desta volta de poesía, a cargo de Leö Kch, e dirixidos a alumnos/as de 3º ciclo de primaria dos dous colexios anteriormente mencionados.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios