Miro Villar presenta as súas Crebas en verso en Compostela


Uns poemas do libro
Sen máis, deixámosvos cun pa de poemas que poderedes atopar no libro de Miro.As mañás de domingo
As mañás de domingo veñen co seu silencio, na fe en que ti acreditas non hai resurrección e o pan da eucaristía resesa nos teus dedos como mísera e orfa liturxia da palabra. As mañás de domingo veñen co seu mutismo, lembras a túa infancia das mulleres de negro cos panos na cabeza e monólogos grises, anicadas na espera dunha incrible resposta. A súplica e inútil, o rogo innecesario, a oración suplicante perdeu todo o sentido nas mañás de domingo sen o corpo e a voz. Son pasado as imaxes e as iconas que un día penduraches no tempo das paredes de casa. Pechadas as xanelas, sen aire balorecen.O mar (I)
Un mar, creedme, necesito un mar, un mar donde llorar a mares y que nadie lo note. «Testigo de excepción», Ítaca (1972), FRANCISCA AGUIRRENo mar de Caldebarcos atopaches o mar que ti
necesitabas e os abrazos das vagas que rompían nos
baixos chegaron até as dunas e interromperon páxinas
nos estáticos ollos onde se detivera a lectura do tempo, e
as vagas penetraron oportunas no libro para levaren
Coetzee na resaca da tarde e deixaren o sal nos tellados
das casas, construcións mariñeiras con solainas de area e
argazos nas varandas dos balcóns e nas portas.
No mar de Caldebarcos atopaches o mar e fostes de mans
dadas nun paseo de días que trouxeron a calma mais non
o esquecemento, porque o sal é perenne como o son as mareas.
O mar (II)
En la noche fui hasta el mar para pedir socorro y el mar me respondió socorro. «Triste fiera», Ítaca (1972), FRANCISCA AGUIRREE fuches deica o mar para pedir socorro como as voces
do náufrago que oe a costa da morte, como aqueles
lamentos onda a punta do Boi, cemiterios de ingleses que
olla o areal do Trece.
E o mar trouxo buguionas con mensaxes cifradas, de
afastados lugares no horizontal das terras, de paisaxes
oblicuas na vertical do tempo, que o teu coñecemento
non puido transcribir.
Viñana das errabundas fantasmas do pasado que cargaban
a culpa nos seus lombos fenincios.
Quixeches o comercio da túa dor atlántica coa luz
mediterranea mais todo era sonámbulo desacorde dos
soños, porque do mar quedaron tan só sabas de area do
deserto de Siria.
Máis información
- Entrevista con Miro Villar en Galicia Hoxe: O naufraxio dos afectos.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte exporta Crebas a todo o país.
- Serie de Xusto Gómez: Xan das Crebas XIII.
Máis novas
- Os poetas da Costa da Morte escriben sobre a carpintería de ribeira.
- A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación.
- A ceense María Canosa Blanco faise pura.
- Un repaso á historia do Bardo en Linguagalega.tv.
- Unha nova fiestra para a literatura da Costa da Morte.
- A literatura costeira ten canteira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).