Venres. 29.05.2020
El tiempo

Música e versos para berrar #NonáLOMCE

Música e versos para berrar #NonáLOMCE
Peta Forte contra a LOMCE-foto- Fedanpa

Volveu manifestar a comunidade educativa da Costa da Morte o seu rexeitamento á nova Lei de Educación proposta polo goberno. Unha vez máis, e ao completo, nais, pais, [email protected] e mestres saíron á rúa para berrar en alto #NonaLomce! Un berro, desta volta, cultural, a ritmo de música tradicional, de rock, e dos versos dos poetas da zona.

De luto polo ensino publico en Cee-Foto-Fedanpa

Así organizaron os membros da Federación de ANPAS da Costa da Morte, integrada na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, actividades cultural-reivindicativas nas cabeceiras de comarca, Cee e Carballo, facendo o propio que no resto do país. Actos, por certo, apoiados pública e fisicamente polo BNG.

Todo, baixo as ideas que xa levan denunciando durante meses: "trátase dunha lei reaccionaria, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino aos sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade. Unha lei que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal, que afonda nas diferenzas sociais, lei que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal, que afonda nas diferenzas sociais".

Imaxes dos poetas no xoves cultural contra a LOMCE-Foto- Fedanpa

En Cee, numerosas familias ao completo achegáronse cos teus traxes negros como luto pola sanidade pública, para disfrutar da música de Peta Forte, e dos versos de poetas como Serxio Iglesias, Xaime Trillo, Suso Baamonde, Mónica Góñez e David Creus. Houbo mesmo algún alumno que se atreveu a lanzar os seus versos cabreados saídos do forno.

Foron moi emotivas as palabras das condutoras, unha nai e unha alumna comprometida. E foi emotivo tamén o manifesto lido en cada concentración, no caso ceense lido por varios alumnos, profesores e pais, demostrando esa uniformidade no rexeitamento á LOMCE de toda a comunidade educativa.

Mais imaxes do acto contra a LOMCE de Cee-Foto- FEDANPA

En Carballo, a música soou pero a ritmo de rock. Foron os locais "Mala Vida" os que subiron a un escenario de festival de categoría, para berrar a rirmo das guitarras eléctricas. Dende arriba tamén entonaron as coplas reivindicativas de toda concentración, e varios alumnos procederon á lectura do manifesto. Paco Souto foi o encargado de poñerlle o toque poético, para pechar un xeito de protestar dando a man á cultura.

Acto en Carballo conta a LOMCE-Foto-FEDANPA

Novas relacionadas

Fonte

comentarios