mércores. 30.04.2025
El tiempo

"Non é unha crise, é un roubo". En marcha a campaña do BNG

"Non é unha crise, é un roubo". En marcha a campaña do BNG
Serxio Dominguez Ana Ponton e German Martinez

A deputada Ana Pontón, acompañada pólo responsable comarcal Serxio Domínguez Louro, e polo secretario de organización, Germán Martínez, presentou este xoves a campaña nacional do BNG “Non é unha crise, é un roubo”.
Dita campaña consistirá na realización de varios actos durante os vindeiros meses, o primeiro o 7 de xullo en Cee, nos que o BNG quere "achegar a xente a realidade do que está a acontecer, e onde explicaremos polo miúdo os enganos e as trampas as que o Partido Popular nos está a someter para levar a cabo unha transformación absoluta do modelo económico e social, unha mudanza que a dereita europea quería facer en décadas e que coa excusa da crise, está a completar en poucos anos".

Considera o BNG que "vivimos unha situación de emerxencia nacional. A nosa economía, a galega e a da Costa da Morte, está a ser destruida, os nosos sectores productivos truncados, o naval, o agrogandeiro, a pesca, etc... e a única saída para os nosos mozos está a ser a emigración".
E critica que "o conxunto da maioría social está a ser roubada pólas políticas da grande banca e da UE, claro exemplo é a estafa das preferentes. O resultado é claro, empobrecemento social, emigración masiva, desertización económica e caída demográfica sen un límite marcado".

Campana do BNG Non e unha crise e un roubo

Por iso, animan á veciñanza á "rebelión cívica, dende a mobilización social, e dende a resposta colectiva e organizada, dando voz aos esquecidos do sistema e poñendo tamén, como non, alternativas dende a soberanía. E varias son as frontes que aborda a campaña:

Infraestruturas

Consideran que a ría de Cee, que "debía ser un dos alicerces da economía, segue esquecida e contaminada, e así, os proxectos de megaminaría son os únicos que este goberno parece ser capaz de desenrolar".

Ademais, denuncian que "os parques industriais seguén desertos, a autovía segue a ser a utopía, a Costa da Morte segue a padecer o abandono secular".

Servizos sociais

"A LOMCE, alei do aborto, a desaparición do partido xudicial de Corcubión, a privación de outros servizos coma o servizo de atención os maiores de Carnota, son temas de suma importancia para a nosa comarca pola situación xeográfica e que farán mais dano, se cabe, na nosa bisbarra que noutras zonas do pais", denuncian.

Creación dunha Banca Pública Galega

Dende o BNG propoñen como alternativa "a creación dunha banca pública galega para asegurar que o aforro galego se pon ao sevizo do crédito da economía real e produtiva". Ao que engaden "un modelo de financiamento de concerto que dea plena capacidade a Galiza para a xestión dos nosos recursos, incluindo unha Axencia Tributaria Galega".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios