Os cruceiros de Brens deixan de ser pantasmas
Desta vez non foi un cruceiro pantasma. O Le Dumont D’urbille, un minicruceiro francés de luxo (os prezos por pasaxeiro oscilan entre os 5.000 e 20.000€) fixo parada esta tarde de xoves no porto de Brens. E os seus 169 pasaxeiros, na maioría persoas maiores, non montaron directamente nun autobús cara Fisterra como en anos anteriores, senón que tiveron unhas horas para coñecer o corazón comercial da Costa da Morte.
Como comproboaron a expedición municipal formada pola alcaldesa Margarita Lamela e o concelleiro Juanma Buiturón, esta era a viaxe inaugural dun novo paquete da mesma empresa que trouxo o pantasma Le Boreal. Aseguran que van volver todos os anos, e dende o Concello ofrecéronse para establecer liñas directas de comunicación para organizar algunha ruta e intentar que pasen algo máis de tempo na nosa bisbarra. Os membros municiàis deixaron 1000 panfletos turísticos a bordo, para repartir entre estes pasaxeiros e os vindeiros.
Os turistas, puideron pasar un par de horas na vila da Xunqueira antes de embarcar de novo e marchar direcciñon Leixoes, en Oporto.
Foto: Marcos Rodríguez
Novas relacionadas
- 2017: O Porto de Brens recibíu por cuarta vez ao Cruceiro pantasma.
- Maio 2015: O Cruceiro Le Soleil volve facer o #tocoemarcho na Costa da Morte.
- 14-05-14: A CIG critica o circo mediático do cruceiro mentres esmorecen os postos de traballo no Porto de Brens.
- 07-05-14: Atracou o primeiro cruceiro da historia do porto de Brens… e marchou.
- O cruceiro da discordia que chegará a Cee.
- Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).