O "Peor e Máis Machista" anuncio do ano a nivel estatal, o do 8M de Cee

Non era a "mirada sucia" das mulleres de Buserana, como quixo excusar a rexedora ante a denuncia pública. Non, non era unha muller desgarrada pola dor a que simbolizaba a campaña do 8M do 2024 no Concello de Cee e que xa denunciamos en QPC no seu día. Era unha "silueta dunha muller espida, cuxo rostro non se ve, en posición suxestiva e cuberto de fluídos. Sen dúbida, a imaxe clásica que queremos asociar a unha cita tan importante, a figura dunha muller completamente sexualizada".
Así o recolle o colectivo Facua, unha organización non gobernamental, sen ánimo de lucro dedicada á defensa dos dereitos dos consumidores, no seu repaso aos Peores e Máis Machistas Anuncios de 2024. O do 8M do Concello de Cee está no podio...
Unha nova que chega ademais no medio da polémica pola precaria situación que sofre o CIM de Cee.