Martes. 05.11.2024
El tiempo

Os alumnos de Cee descobren o bosón de Higgs

Os alumnos de Cee descobren o bosón de Higgs
Charla sobre O Boson de Higgs nos IES Fernando Blanco

O pasado venres 28 de marzo de 2014, tivo lugar unha conferencia no salón de actos do IES Fernando Blanco, a cargo do profesor de Física Teórica da Universidade de Santiago don José Daniel Edelstein Glaubach, que disertou sobre o Bosón de Higgs e o experimento BICEP2.

Unha charla, para nada lixeira, que chega dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago de Compostela", e á que asistiron 150 alumnos e alumnas de bacharelato deste centro educativo, así como alumnado invitado do IES Agra de Raíces.

O Bosón de Higgs foi o tema estrela da conferencia, onde se comentou o mecanismo de Higgs que é o proceso polo cal as partículas fundamentais adquiren a propiedade da masa. Tamén houbo referencias aos resultados obtidos hai unha semana polo experimento BICEP2, que detectou de xeito indirecto ondas gravitacionais verificando a teoría do Universo inflacionario do físico Alan Guth.

Jose Daniel Edelstein Glaubach en Cee

Novas relacionadas

Fonte

  • IES Fernando Blanco.

Comentarios