O Parlamento Galego afondou, sen solucións, sobre a problemática de XEAL
Este mércores 7 de abril, o Parlamento Galego afondou a problemática que vive a fábrica de XEAL. O Deputado carballés do BNG Daniel Pérez sacou o asunto na Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Despois de debullar a grave situación laboral nas plantas de Cee e Dumbría, o BNG propuxo no Parlamento unha Proposición non de Lei para intentar aprobar paquete de medidas que garantan a viabilidade de Xeal, esixindo á Xunta que se cumpra o fallo do TSXG que establece a vinculación esencial das actividades enerxéticas e das ferroaliaxes en Cee e Dumbría.
A realidade a día de hoxe é que a fábrica segue estar a menos dun 20% da súa capacidade, e moitos dos traballadores reincorporados facendo tarefas de limpeza e mantemento, pois seguen activos os mesmos fornos que durante o tempo no que estivo activo o ERTE. Unha situación que, para o BNG demostra “o absoluto desleixo da dirección por recuperar as capacidades produtivas de ambas fábricas”, algo que, segundo subliñou, ten a súa explicación en que “o único que lles interesa aos actuais propietarios son os pingües beneficios que lles reporta a explotación das centrais hidroeléctricas”.
Deste xeito, propuxo ao executivo “unha postura clara de defensa da actividade e dos postos de traballo” e que esixa da empresa o respecto das cláusulas de vinculación”, pero a iniciativa nacionalista non prosperou polo veto do PP.
A iniciativa foi apoiada polo PSOE, como explicou o deputado Martín Seco, que lamentou “a falta de confianza que ofrecen os actuais propietarios”. Seco tamén repasou a situación da empresa (e como se está desprendendo das empresas auxiliares da comarca), e pediu á Xunta que investigue para saber se XEAL “é libre ou segue a ser unha maquila de Ferroglobe”. Seco lembrou que o propio Feijoo pediu en 2019 un Plan de Viabilidade, e tras dous anos de “estudo”, pediu que “a Xunta de Galicia non pode seguir mirando para outro lado, e debe esixir o Plan de Viabilidade para garantir os postos de traballo”.
O PP acusa ao goberno central
Non se puxo do lado dos traballadores o PP, e foi Miguel Tellado o que botou os balóns enriba do goberno central. Tellado quixo lembrar que a Xunta “impediu a segregación de actividades” e que “levamos anos defendendo os intereses dos traballadores”.
Tellado lembrou que “o seu verdadeiro problema é a falta dun prezo eléctrico competitivo”. O viceportavoz popular subliñou “o compromiso do Goberno galego co cumprimento da lexislación, impedindo a segregación da actividade das ferroaliaxes e da produción de enerxía a través das centrais hidráulicas”.
O PP explicou que “o plan de viabilidade de XEAL non é unha obriga establecida da concesión e a Xunta non tivo nada que ver nos acordos comerciais entre o Grupo Ferroatlántica-FerroGlobe e TPG-Ithaka”.
Tellado pediu a votación separada para votar a favor só os dous primeiros puntos da proposición.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- Marzo 2021: Denuncian que Xeal continúa o desmantelamento do emprego mesmo nas empresas auxiliares.
- Marzo 2021: Os traballadores de XEAL reivindican na rúa a posta en marcha dos fornos "Xa!”.
- Febreiro 2021: Lémbranlle á Xunta a “condición esencial” do mantemento da actividade industrial nas concesións hidráulicas de XEAL.
- Febreiro 2021:O Comité de XEAL lamenta que o esquecemento da Xunta.
- 09-02-2021: XEAL pon en marcha o forno 22 da fábrica de Dumbría ante o suposto incremento da demanda de ferrosilicio,
- 08-02-2021: Comité de XEAL: "O que chaman Plan de Investimentos non é máis que unhas obras de chapa e pintura”.
- 05-02-2021: Denuncian que XEAL non compra materia prima a pesar de que remata o ERTE.
- 23-01-2021: Outro venres ás portas da fábrica de Brens esperando a chamada da Xunta.
- 15-01-2021: Os traballadores de XEAL denuncian que a produción das fábricas non chega ao 10%
- 13-01-2021: "XEAL volve evidenciar o seu único interese polo substancioso negocio enerxético”.
- 12-01-2020: As mobilizacións do Comité de XEAL volveron ás portas da fábrica
- Os traballadores de XEAL usan o lote de Nadal para dinamizar o comercio local.
- 29-11-2020: Os traballadores de XEAL seguen enchendo as rúas de loita social.
- 21-11-2020: Os traballadores de XEAL non descansan e manteñen o seu calendario de mobilizacións.
- 18-11-2020: O TSXG asegura a vinculación das fábricas e a produción eléctrica de XEAL.
- 14-11-2020: O persoal de XEAL segue esixindo, na rúa, o Plan de Viabilidade.
- Outubro 2020O Comité na rúa mentres XEAL asegura ter investido 6 millóns en seguridade nas fábricas.
- 23-10-2020: A Xunta confírmalle ao Comité que XEAL incumple as esixencia da administración.
- 16-10-2020: Conflito XEAL: Outro venres máis na rúa.
- 10-10-2020: As mobilizacións dos traballadores de XEAL poñen o foco na Xunta.
- 07-10-2020: Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.
- 02-10-2020: O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas.
- 25-09-2020: “O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”.