Pequenos e maiores aínda disfrutan da man de Fernando Blanco de Lema


Continúa a veciñanza de Cee achegándose á figura de Fernando Blanco co gallo do programa cultural que artella a súa Fundación polo 216 aniversario do seu nacemento, que financia a Deputación a través do convenio asinado hai pouco. E parece curioso que aínda, 2 séculos despois, a veciñanza siga culturizándose da man deste mecenas que tanto fixo pola vila da Xunqueira.
Así, durante a fin de semana pequenos e maiores disfrutaron de diferentes actividades culturais, como a simbólica e emotiva ofrenda floral, a misa na capela do Instituto e o inmediato concerto da Banda de Música de Cee que tivo lugar na mañá do sábado.
Pola tarde foi turno do humor, e foi Antón Coucheiro o que trouxo o seu máxico monólogo "Hola, veño do futuro".

O día dos peques foi o domingo. Máis de 100 cativos disfrutaron do "Planetario portátil" nas 5 sesións que se puideron celebrar ao longo do día e que permitiron que os pequenos viaxasen no tempo.
A tardiña tocou sesión de Contacontos da Natureza a cargo da compañía Duende Sico.


Novas relacionadas
- Máis dun ano de actividade na Fundación Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
- Coñecendo a Antonio Domingo Andrade no tricentenario do seu pasamento.
Outras novas
- Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema con Darío Areas.
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
Especial Domingo Antonio de Andrade, con Víctor Castiñeira
- Especial Domingo Antonio de Andrade (I): Un ceense universal.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (II): O ceense e o Barroco en Galicia.
- Especial Domingo Antonio de Andrade (III): Guía para visitar a exposición en Cee.
Fonte
- Fundación Fernando Blanco de Lema.