Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O persoal de XEAL continúa as mobilizacións na defensa do convenio colectivo e contra a represión sindical

Concentracion XEAL febreiro 22
O persoal de XEAL continúa as mobilizacións na defensa do convenio colectivo e contra a represión sindical

Continúa o Comité de XEAL en plena onda de mobilizacións. Despois da concentración do pasado mércores ás portas da fábrica, a loita continúa este mércores 16 de febreiro, ás 17:30h diante da Casa do Concello de Cee; e o vindeiro mércores 23 cunha manifestación diante do complexo administrativo da Xunta en San Caetano, de 11:00h a 12:00h.

Unhas mobilizacións que cada vez suman máis e máis motivos. Ao eterno medo de que a empresa vaia realizando o desmantelamento progresivo da fábrica para quedar unicamente coa concesión hidroeléctrica, e a falta dun plan de viabilidade e de posta en marcha de todos os fornos, súmanse a loita polo convenio colectivo (roto pola empresa dende o pasado decembro) e a represión sindical.

Os sindicatos USO, CIG e CGT veñen denunciando a represión sindical que sofre o compañeiro despedido por testificar a favor da compañeira que sufríu acoso no traballo.

Ademais das concentacións, o Comité vai solicitar reunións cos grupos parlamentares e reiterar a petición de reunión co Conselleiro de Economía Francisco Conde, pendende dende hai meses, a pesar de que esta semana no Parlamento anunciaba que a Xunta non ía mediar no conflito. O Comité vaille esixir que esixa a Xeal o cumplimento das cláusulas da concesión e que proceda á reversión dos dereitos de explotación das centrais hidroeléctricas.

Novas relacionadas

Comentarios