Os traballadores de XEAL volveron ás mobilizacións, cada vez con máis motivos
Volveron á rúa os traballadores de XEAl, nunha nova serie de mobilizacións que rematarán diante de San Caetano. A da tarde do mércores foi unha nova concentración ás portas de XEAL, con máis motivos que nunca. Ao que piden dende hai anos, a reversión da venda ao fondo propietario actual e a esixencia dun plan de viabilidade das fábricas que garanta a continuidade dos empregos e a actividade produtiva, súmase este mes a loita por manter o Convenio Colectivo, así como a pelexa en defensa da súa compañeira vítima de acoso sexual, e a petición de readmisión do traballador sindicado despedido por testificar ao seu favor no xuízo.
Á concentración deste mércores seguiranlle outras os días 16 e 23 de febreiro diante do Concello de Cee (ás 17:30h) e diante do complexo administrativo da Xunta en San Caetano (de 11 a 12h), respectivamente.
Ademais, o comité vai solicitar reunións cos concellos da comarca, os grupos parlamentares e reiterar a petición de reunión co vicepresidente e conselleiro de Economía, Francisco Conde, pendente dende hai meses.
Novas relacionadas
- Xaneiro 21: A CGT critica o despido dun traballador de XEAL só por defender no xuízo á compañeira vítima de abuso sexual.
- Xaneiro 21: O Comité de XEAL pide que a Dirección tome medidas “contundentes” contra o responsable condenado por acoso sexual.
- Decembro 21: A CIG levará a agresión ao presidente do Comité de XEAL aos Xulgados.
- Decembro 21: A CIG denuncia unha agresión contra o presidente do Comité de XEAL.
- Novembro 21: O Comité de XEAL apoia nos Xulgados á traballadora que sufríu acoso dun superior.
- Xullo 21: O suposto caso de acoso axita a concentración dos venres dos traballadores de XEAL.
- 09-07-21: O comité de XEAL denuncia na Inspección o proceder da empresa ante os casos de acoso laboral e sexual.
- Xullo 21: O Comité de Xeal denuncia un presunto caso de acoso sexual dun alto cargo próximo á dirección.