A piques de arrincar a 11ª Olimpíada Cultural O Saber ten Premio no IES Fernando Blanco
Van comezar as probas clasificatorias da XI Olimpíada cultural O saber ten premio. De feito, esta pasada semana presentáronse os grupos participantes no Salón de Actos do IES Fernando Blanco e explicóuselles o funcionamento do xogo.
Nesta 11ª edición da Olimpíada Cultural van participar 11 equipos, o que nos devolve aos números que había antes do comezo da pandemia.
Cada equipo está formado por 5 alumnos e alumnas e que teñen que ser 3 de Bacharelato e de ciclos formativos de FP (debendo haber alumnado das dúas ensinanzas) e 2 alumnos ou alumnas da ESO. Reflectindo, desta forma, cada equipo a diversidade de alumnado e tipos de ensinanzas que se imparten no Fernando Blanco.
Esta semana, os días 5, 6, 12 e 13 de maio, celebraranse as probas clasificatorias entre os 11 equipos participantes.
Unha vez rematadas as devanditas probas, quedarán 3 equipos finalistas e os 2 con maior puntuación serán os que participarán na Gran Final que se celebrará o 22 de xuño.
Os participantes xogarán por equipos a un xogo de máis de 1.000 preguntas exclusivo do IES Fernando Blanco e que versa sobre todos os coñecemento impartidos no centro.
Os que cheguen á Gran Final, participarán nun acto no que, ademais de xogar ao devandito xogo educativo e participar nun debate sobre un tema de actualidade, haberá actuacións doutro alumnado do centro e entregaranse os premios.
O patrocinio dos 3 premios corre a cargo das seguintes empresas da Costa da Morte:
1º premio de 600 €: XEAL
2º premio de 400 €: GERCA
3º premio de 300 €: Ferretería Roget (Severo Roget Romero)