A regueifa como ferramenta contra as violencias de xénero
Acollía o IES Fernando Blanco de Cee unha xornada especial. A regueifeira Lupe Blanco traía a nova iniciativa "Regueifando en igualdade". En presenza da subdelegada do goberno María Rivas, desenvolveuse esta acción vencellada co Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha acción formulada para enganchar á mocidade, maridando música e poesía na nosa lingua. “Unha boa mestura para ser utilizada como ferramenta para concienciar sobre a igualdade e a loita contra a violencia se xénero”, sinalou a subdelegada.
Lupe Blanco traslada estas novas ferramentas discursivas, a través da imprivisación oral, para aprender a afrontar situacións cotiás, micromachismos... En cada sesión os alumnos e alumnas viven en primeira persoa a demostración dunha regueifa e afondan na historia da regueifa e da improvisación oral polo mundo.
Lupe tamén lembra o papel fundamental, e moitas veces agochado, da muler na historia da regueifa en Galicia.
Os obradoiros inícianse hoxe en Cee, participando as alumnas e alumnos dos cursos de FP básica e de 2º de ESO; pero ao longo das próximas semanas esta experiencia chegará a máis de 150 alumn@s de entre 12 e 16 anos de toda a provincia.
Máis novas sobre regueifa