mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un novo can abandonado e case cego busca familia con urxencia en Salvacadelos

Un novo can abandonado e case cego busca familia con urxencia en Salvacadelos

Unha rapaza estranxeira, que exerceu de veterinaria na nosa zona nos últimos meses, atopou, hai 15 días, este cadeliño abandonado polas estradas da bisbarra. Ten arredor de un ano e medio, é case cego pero está totalmente adaptado á súa ceguera e se orienta perfectamente ademais de ser moi cariñoso e obediente.

A veterinaria, que o acolleu estes días, ten que marchar de volta para o seu país polo que non o podo coidar máis. Así que se queres coidar del, non dubides e ponte en contacto con Salvacadelos chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee, artífice xunto a QPC, desta solidaria iniciativa que trata de que non quede un can sen familia na Costa da Morte.

Máis información

Máis cadelos que buscan fogar

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).
  • Clínica Veterinaria Argos de Cee.

Comentarios