Unha cita cos relatos entre a Fundación e QPC e un verán deportivo en Cee



Doble nova arredor do concello de Cee. Se por unha banda a Fundación Fernando Blanco fará entrega dos premios do I Concurso de Relatos (por certo, publicarémos as 6 obras premiadas nunha colaboración especial coa Fundación e QPC), o Concello vén de presentar a campaña estival deportiva.
E para presentala anuncian a instalación na praia da Concha de Cee dunha rede de volei praia.
En canto aos campamentos, que será de vela, baloncesto, fútbol, bicicletas,.. as inscricións se poderan facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal, no tel. 981.745100 (ext. 3) ou ben no correo deportes@concellocee.es.
Concurso de Relatos da Fundación
O sábado 22 de xuño, ás 12 horas, terá lugar no Museo Fernando Blanco de Cee o acto de entrega dos premios do I Concurso de Relatos Curtos organizado pola Fundación Fernando Blanco, e que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra. Así, a partir da vindeira semana iremos traendo os relatos a QPC.
O concurso, que estaba dirixido aos centros escolares dos concellos de Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, estaba estructurado en dúas categorías: - Categoría A (2º e 3º Ciclo de Primaria) e Categoría B (ESO).

Máis información
As bases que rexerán a concesión das Becas-Premio atópanse na webwww.museofernandoblanco.org (apartado becas 2012-2013).Novas relacionadas
- Tempo dos peque-futbolistas co torneo de Cee.
- Ronquete expón a súa visión da Costa da Morte no Museo Fernando Blanco.
- A Fundación Fernando Blanco artella o I Concurso de Relatos Curtos xuvenil.
- En marcha as Becas Fernando Blanco.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco