Unha de teatro forestal en verso
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/03/23/D%C3%ADa-da-%C3%81rbore-2012-CPi-Cabo-da-Area-.jpg)
Marzo, o mes da poesía, no que ademais se celebran días como o da Árbore, ou Día Forestal Mundial, celebrado este xoves 22, ou o Día do Teatro, que terá lugar este vindeiro martes 27. E para conmemorar todas estas datas sinaladas, os Concellos e as entidades da bisbarra desenvolveron diferentes actividades.
Día da árbore en Laxe e Brens
![Día da Árbore 2012 CPi Cabo da Area](Día-da-Árbore-2012-CPi-Cabo-da-Area-.jpg)
Foi o Concello de Laxe o que máis en serio se tomou o Día da Árbore. E os protagonistas, como non podía ser doutro xeito, foron os cativos das escolas de infantil e primaria, CPI Cabo da Area e E.U. da Torre e Traba. Co obxectivo de contribuír á concienciación ambiental dos rapaces, os pequenos procederon á plantación de varios árbores.
Foi a Animadora Sociocultural do concello, Tamara Salvadores, unha das responsables de facerlles chegar aos cativos o sentido da celebración. Ademais, co intento de recuperar e manter tradicións o Concello procedeu ao reparto de pan e chocolate entre os pequenos, cunha excelente acollida.
Pero estas actividades continuarán en marcha con outras de índole transversal que os mestres das escolas desenvolverán nas vindeiras semanas. A idea é a de facer obradoiro ao redor da árbore plantada, consistente na lectura e elaboración colectiva do conto “ A árbore máxica” e un mural.
![Día da Árbore 2012 no EU Torre de Laxe](Día-da-Árbore-2012-no-EU-Torre-de-Laxe.jpg)
Pola súa banda, os cativos do colexio de Brens tamén prantaron, coa axuda do xardiñeiro do Concello de Cee (Ramón Vieites), 3 castiñeiros nas inmediacións do centro educativo. Unha prantación que se completará nos vindeiros días con diversos arbustos e flores no patio que lle darán máis cor ao entorno educativo.
![Os-pequenos-de-Brens-fixeron-unha-plantacion-no-Dia-da-arbore](/media/quepasanacosta/images/2012/03/23/Os-pequenos-de-Brens-fixeron-unha-plantacion-no-Dia-da-arbire.jpg)
Nos Muíños estudian en verso
En verso e sen libros. A escola 2.0 da Costa da Morte, o CEIP Os Muíños, segue dando exemplos de boas prácticas. Desta volta, está desenvolvendo ao longo do mes unha serie de actividades en torno á poesía.
E nolas contan a través do Niño da Curuxa, o blog da biblioteca do centro.
Así, para celebrar a súa chegada, a "Chiquitropa Mozartina" ofreceu un concerto coa súa versión libre da "Sinfonía da Primavera".
Ao tempo, e cun ambiente soleado, moitos alumnos e alumnas se animaron a recitar para os seus compañeiros ao aire libre. E con versos de Antón Cortizas a Nicolás Guillén, pasando por Manuel María e Celso Emilio Ferreiro.
O Teatro en invade Ponteceso
![Ponteceso adica o Dia do Teatro e Casares](/media/quepasanacosta/images/2012/03/23/Ponteceso-adica-o-Dia-do-Teatro-e-Casares.jpg)
Pola súa banda, o Concello de Ponteceso quédase co Teatro, e este vindeiro martes 27 de marzo, Día Internacional do Teatro, a Biblioteca Municipal acollerá actividades en lembranza a Carlos Casares no X aniversario do seu pasamento.
Entre as actividades destaca a Exposición bibliográfica de textos teatrais, máscaras e marionetas; ou unha Mostra de mural dun texto emblemático do teatro infantil "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", que acadou o premio Facho e foi publicado en 1973 pola editorial Galaxia con ilustracións de Luís Seoane.
Ademais, ás 12 da mañá do propio martes (co alumnado da Escola Infantil de Ponteceso) desenolverán a escefinicación do conto de Carlos Casares "A Galiña azul", baixo a dirección de Tamara Lema coa colaboración de pais/nais e profesorado da Escola infantil.
Novas relacionadas
- Concilia a vida familiar durante a Semana Santa no Concello de Laxe.
- Rosalía de Castro celebrou o seu 175 aniversario en Ponteceso e Muxía.
- Os alumnos dos Muíños aprenden a vivir co Síndorme de Down.
- Os pais e nais dos alumnos dos Muíños tamén poden Abalar coas novas tecnoloxías.
- O CEIP Os Muíños recolle o Premio Nacional de Bibliotecas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).