Unha fin de curso de Teatro en Brens e Cee


Este venres 21 de xuño, coincidindo co remate do curso académico, representouse no salón de actos do IES Fernando Blanco unha obra teatral interpretada polo grupo de teatro “Tuéjele” formado por alumnos e alumnas de distintos niveis educativos do IES Fernando Blanco.
A obra levaba por título “Atajú” e estaba baseada na obra de teatro de Enrique Jardiel Poncela “Cuatro corazones con freno y marcha atrás”. O grupo de teatro “Tuéjele” estivo realizando ensaios e preparando a estrea durante o curso fóra do horario lectivo, dirixido polos profesores Marina Gómez Pose e Fernando Castro Paredes.
Nos entreactos houbo unha demostración de Acroesport realizada por alumnado de bacharelato, preparados polo profesor de educación física Manuel Pulido, así como bailes e música a cargo, tamén, do alumnado.
A estes actos asistiron, ademais do alumnado e profesorado do IES Fernando Blanco, familiares dos alumno e alumnas protagonistas, que o pasaron moi ben coa divertida comedia.

Fin de curso en Brens

Tamén rematou o curso no Colexio de Brens e o fixo co primeiro festival con actuacións musicais e teatrais do alumnado do colexio. Coma sempre, os familiares encheron o "auditorio" de risas cheas de emoción, para rematar a cita cunha gran festa infantil con inchables e taller de maquillaxe. Todo, coa colaboración da Asociación Deportiva e Cultural de Brens.

Novas relacionadas
- Aberto o prazo para escoller FP e para inscribirse na educación de adultos.
- Os Solfamidas triunfan na Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco.
- 2 equipos do IES Fernando Blanco na final do concurso Young Business Talents.
- 2012: Un grupo de alumnos do IES Fernando Blanco na Final do Young Business Talents.
- En marcha as Becas Fernando Blanco.
- Aprendendo a valorar lingua portuguesa dende o Instituto.
- Os usuarios de Aspadex fanse mecánicos co FP do IES Fernando Blanco.
- Dous todoterreo da Garda Civil para facer prácticas no IES Fernando Blanco.
Fonte
- Nota de prensa da Dirección do IES Fernando Blanco.