Varias iniciativas privadas da Costa da Morte, presentes na Turexpo de Silleda


Arrinca este venres 20 en Silleda a Turexpo 2015, o V Salón Turístico de Galicia, unha feira turística máis importantes de Galicia. E alí haberá varias representacións da Costa da Morte, todas dende o eido privado. Semella, en todo caso, curioso que á FITUR si que se apunten numerosas entidades públicas, pero a Silleda, que está aquí ao lado, non vaia ningunha.
Dende Cee, pero como “Especialistas en Costa da Morte”, terán o seu posto a Axencia de Viaxes Travels to Finisterre e Vida Hoteles e Apartamentos. Baixo o lema, “Destino: Costa da Morte. Descúbrela con nosotros” presentarán o produto propio da axencia centrado no senderismo e os apartamentos vacacionais que xestionan na zona.
Ao mesmo tempo, abren o seu stand a toda aquela asociación, establecementos hosteleiros ou institución que queiran promocionarse na feira e non conten con presencia propia na mesma. I é que a súa idea como empresa é a de invertir en promoción da zona e a de servir de escaparate para aquelas organizacións, tanto públicas como privadas, para vender conxuntamente o noso destino.
O Camiño dos Faros, o Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, o Monte Pindo, a Senda verde de Carnota, o Gran Fondo Ézaro, os asociados de SOLPOR, os aloxamentos de Muxía, Lires, Cee... todos terán presencia no stand da entidade e xuntos, darán a coñecer a Costa da Morte entre todolos asistentes a Feira e aos tour operadores nas mesas de contratación.
Fisterra terá o seu espazo
Tres empresas turísticas unen forzas en Fisterra para levar un posto propio. Brigantia Viaxes, Hotel Rústico Spa Finisterrae e Restaurante Tira do Cordel presentarán un novedoso produto específico para a Ruta Santiago de Compostela-Fisterra, incidindo nas características únicas desta parte do Camiño como son a gastronomía, a paisaxe e o descanso a carón do mar no Fin da Terra.
Este paquete distribuirase, coa colaboración do Grupo Europa Viaxes, a máis de 200 axencias do territorio español e presentarase durante a Bolsa de contratación a diversos Touroperadores internacionais, aproveitando que esta edición da Feira Internacional de Galicia será prácticamente monográfica do Camiño de Santiago.
O Stand estará atendido por Sara Ares e disporá do seguinte material divulgativo e promocional editado por estas 3 empresas, ademais do facilitado polo Concello: Guías do Camiño Santiago-Fisterra; Polidiptico informativo e de empresas turísticas Brigantia Viaxes e Dípticos e posters 2 campañas promocionais.
A Semana fisterrá, tamén presente
E se nos esquecía, pero a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra tamén estará presente para a promocionar a secular festa da vila do Cristo.
Novas relacionadas
- CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- Sabe o Concello de Fisterra aproveitar o potencial turístico da Fin da Terra?.
- O BNG propón coidar o turismo de autocaravanas.
- Bluscus ou un empurrón ao Turismo Mariñeiro en Galicia.
- Por fin unha senda peonil ata o Faro Fisterra.
- Fisterra queda sen o seu selo de Patrimonio Europeo ante a irresponsabilidade municipal.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Necesidades do Camiño: Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra.
- O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).