Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Xurxo Lobato repasou a historia das súas fotos no Mes da Fundación

Xurxo Lobato no Mes da Fundacion-Foto-Rafa Quintans
Xurxo Lobato no Mes da Fundación-Foto-Rafa Quintáns
Xurxo Lobato repasou a historia das súas fotos no Mes da Fundación

Continúa en marcha o completo programa do Mes da Fundación Fernando Blanco. Tralo comezo sección para centros escolares, e a visita do mariñeiro e divulgador Rogelio Santos, este pasado sábado tocaba sesión patrimonial.

Foi o gran Xurxo Lobato, o que acodíu a dar a conferencia audiovisual que levou por título “A linguaxe da fotografía”. O fotógrafo, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e Académico Numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, trouxo moitas das súas fotografías recollidas en numerosos medios nacionais e estranxeiros.
Fixo un repaso pola súa carreira, estando máis de 20 anos (do 1980 a 2004) na Voz, ata a actualidade, como fotógrafo colaborador da axencia de fotografía estadounidense Getty Images e do xornal El País, coordinando ademais o Premio de creación fotográfica Luís Ksado da Deputación da Coruña.

Formador e responsable de exposicións como a que percorre estes meses a comarca sobre os Camiños de Carlos Casares.

Na charla fixo un percorrido por fotografías da súa autoría que para el teñen, polo distintos motivos, un significado especial. Entre elas, a icónica instantánea do Prestige xusto antes de afundirse fronte á nosa costa, fotografía que está a piques de cumprir o seu vixésimo aniversario, e pola que Xurxo recibiu o antes mencionado Premio Ortega y Gasset concedido polo xornal El País no ano 2003.

Xurxo Lobato no Mes da Fundacion-Foto-Rafa Quintans-Prestige
Xurxo Lobato no Mes da Fundación-Foto-Rafa Quintáns

Próximas citas

  • Martes 25. Obradoiros de astronomía “Navegando polo Universo” (planetario portátil) con Íñigo de la Quadra-Salcedo para alumnado de 5º de Primaria do CEIP Eugenio López e CPR Manuela Rial.
  • Xoves 27. Obradoiros de Entomoloxía “Mundo Bichos” con Miguel Santamaría para alumnado de 3º Primaria do CEIP Eugenio López e CPR Manuela Rial.
  • Sábado 29. 20:30 horas. Casa Cultura Cee, “A derradeira bala” coa compañía teatral Farándula Velutina.

O programa do Mes da Fundación.

Comentarios