A Asoar-Armega agradece a labor da GP e outras entidades en favor da pesca artesanal


Enorme o traballo da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, Asoar-Armega en prol do noso mar. Ademais de levar a levar a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo (e despois trasladarlla vía "uhf" aos mariñeiros da zona en plena faena), a entidade galega radicada en Corcubión, está a facer patente moitos dos problemas que afectan á pesca artesanal, un sector fundamental en zonas como a Costa da Morte.
Unha das últimas afrentas que vén de realizar é conseguir o achegamento da fragata de Greenpeace para internacionalizar a loita contras as granxas de salmón na ría de Muros. I é que se a fragata chegou á zona é pola intermediación da entidade, e máis concretamente de Luís Rodríguez, o seu presidente.
A relación de Rodríguez con Greenpeace vén de hai ano e medio, cando o corcubionés se achegara á Coruña para subirse á fragata nunha xornada de portas abertas. De aí, e practicamente sen preparación, a entidade ecoloxista levouno directamente ao Parlamento Europeo, como representante do sector da pesca artesanal de toda Europa. Agora xa vai invitado polo propio Parlamento.
Hoxe, a propia ASOAR-ARMEGA quere transmitir "o seu apoio e agradecemento a Greenpeace e outras agrupacións medioambientais que nos últimos meses veñen realizando unha grande labor en prol dos intereses dos pescadores artesanais, apostando por este tipo de flotas e pedindo un trato xusto e diferenciado para este sector no contexto da reforma da Política Pesqueira Común".
Para a Asoar "todas estas agrupacións ecoloxistas foron quen de conseguir poñer de manifesto a importancia de desarrollar un sector que é capaz de xerar emprego e riqueza, e que é quen de practicar unha pesca responsable que non poña en perigo o futuro dos recursos pesqueiros e, consecuentemente, o futuro dos pescadores".
Malas prácticas
Ten tamén palabras para a autocrítica a Asoar. "Temos que ser conscientes de que as malas prácticas de pesca teñen sido moi dañinas, e que se ten chegado a exercer sobreexplotación en determinadas especies e caladoiros. Asemade, o ser humano ten causado un grave impacto medioambiental nas zonas costeiras, sendo este impacto un factor determinante para o desenrolo de hábitats mariños, influíndo negativamente na flora e fauna marina. Todas estas organizacións levan moitos anos advertindo sobre os graves problemas derivados destas prácticas, e é xusto que o seu cometido, como organizacións indepententes, sexa precisamente advertir sobre estas cuestións e problemas a fin de garantir o desenvolvemento sostible das zonas costeiras e de aqueles que viven de cara ao mar".
Novas relacionadas
- 05-10-11: ASOAR leva a voz dos mariñeiros ao Parlamento Europeo.
- A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- Asoar publica dúas novas guías sobre prevención de riscos e xestión de residuos na mar.
- O balizamento das boias crea unha nova revolta no sector pesqueiro.
- A Asoar alerta da necesidade de medidas para recuperar a pesquería do polbo.
- ASOAR-ARMEGA segue levando o mar ás Escolas.
- Un novo premio ao Traballo Digno da Asoar-Armega.
Fonte
- Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.