A radiONeria pecha temporalmente as emisións a través da FM

Escoitar Comunicado do Peche temporal de emisión
A emisora municipal de Corcubión, radiONeria, vén de pechar a emisión a través do 107.8FM este martes 1 de marzo de 2011. A emisora municipal de Corcubión non emitirá polas ondas temporalmente tras recibir o concello corcubionés unha denuncia dende o Ministerio de Industria.
Ao parecer, o radioenlace entre os estudios da emisora e o repetidor do Monte do Son é ilegal. Ilegal dende o 1995, que foi cando se abriu a conexión co Son. O radioenlace era necesario xa que o concello, daquela dirixido polo BNG, e a propia emisora, dirixida por Pepe Formoso, instalaran un emisor dende os estudios, pero que facía interferencia coas antenas dos veciños dos arredores.
O Ministerio, ao parecer tras unha denuncia anónima, realizou o pasado mes de decembro unha inspección, trala cual formalizaron unha denuncia na que avisaban de que poden caer multas de ata 60.000€. As primeiras alegacións presentadas dende o concello foron denegadas e dende a comitiva municipal xa están preparando as segundas. Pero os asesores xurídicos aconsellan o parar a actividade, polo menos temporalmente, mentres haia un expediente aberto.
A realidade é que dende o Ministerio non ofrecen solucións a un problema, o legal, que atinxe a ducias de emisoras, privadas, libres ou municipais, de todo o país.
Segue en marcha a través da rede
Polo de pronto, o equipo de colaboradores da radiONeria, así como a Asociación Radio Neria, vai seguir emitindo a través do blog e do Facebook da radiONeria.
Máis información
Novas relacionadas
- En marcha a 20ª temporada da radiONeria.
- A radiONeria estrea un novo programa de “música jalleja dajora”.
- Unha Foliada cos Jaiteiros da Coteleira na radiONeria.
- Da radio municipal de Corcubión á tele.
- Nova tempada do Boletín de Novas da radiONeria e Radio Roncudo.
- A radiONeria cumpriu 19 anos de vida.
- Un repaso aos grupos de música tradicional da Costa da Morte.
- A radiONeria, contigo mentres traballas a través da rede.
- Manolín escolle os mellores poemas dun ano de programas en Realidade e Soños.
- Volve o Ronsel para guiar á radiONeria e Radio Roncudo.