As novas urbanizacións de Quenxe necesitarán un informe de avaliación ambiental


As novas urbanizacións de Quenxe van ter que esperar. Polo menos ata que se estudie o informe de avaliación ambiental que obriga a Xunta. Así nos informa o BNG, que xa se comprometeu a destinar as parcelas de Quenxe a zonas verdes. Todo no tocante na construción de 30 pisos na parcela de “Galiña branca”.
Segundo o BNG, a Xunta de Galiza "tivo en conta as suxestións feitas polo BNG na tramitación do expediente da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental". A decisión da secretaria Xeral afirma que “non se pode determinar a ausencia de problemas ambientais significativos, o Plan especial de reforma interior en Quenxe pode ter efectos significativos sobre o ambiente, polo que debe someterse ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica”.
O candidato do BNG, Oscar Insua manifestou que “O urbanismo de Corcubión non pode estar día tras día recibindo paus da Xunta, por culpa dun alcalde que se empeña en facer un plan sen escoitar a ninguén. Os únicos perxudicados son os veciños e veciñas do concello”.
Novas relacionadas
- O PP de Corcubión promete o Porto Deportivo se asume o goberno.
- Rematada a rede de saneamento do sur de Corcubión.
- O BNG de Corcubión quere elaborar unha ordenanza medioambiental municipal.
- O BNG de Corcubión comprométese a destinar as parcelas de Quenxe a zonas verdes.
- 17-12-10: A nova urbanización de Quenxe segue en marcha.
- 24-06-10: Quenxe xa ten por onde crecer .
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Corcubión.