Comeza o Proxecto Lecer en Corcubión para conciliar a vida familiar e laboral deurante o verán


Hoxe abre o prao de inscrición para o "Proxecto Lecer" de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, que durará os meses de xullo e agosto. Así nos informan dende o Concello de Corcubión, dende onde invitan a todos as familias do Concello a inscribir aos seus pequenos.
O proxecto lecer e un programa subvencionado pola Deputación Provincial e que ten como finalidade favorecer a conciciliación da vida familiar e laboral, prioritariamente ás mulleres que están realizando formación para poder atopar emprego, ás mulleres que cuidan de persoas dependentes, as nais e pais traballadores e por último á poboación en xeral.
Inscrición
As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello, dende o 21 ata o 30 de xuño.
Máis información nas oficinas municipais ou chamando o telf. 981745400.
- Idade dos participantes: nenas/os nacidas/os entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2007.
As prazas ofertadas son 15.
Novas relacionadas
- A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea.
- Corcubión xa pensa no triple San Pedro.
- Corcubión xa viaxa cara o medievo.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.