Corcubión abre de novo a Aula de Teatro

08:05 22/10/12

Logo do éxito obtido no anterior curso, tanto en nº de inscritos como na representación das dúas obras de teatro que serviron de colofón ao curso 2011/12 o Concello corcubionés dá continidade a esta escola municipal de Teatro.
As aulas serán impartidas nada menos que polo actor profesional Toño Casais, novo Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e unha das almas de Talía Teatro. Haberá dous grupos, un para infantil, a partir de 6 anos, e outro para adultos.
Máis información e inscricións
Así, xa está aberto o prazo de inscrición para este curso. Poden formalizalo en:
- Casa do Concello ( tfono: 981 745 400)
- Casa da Cultura (Tfono: 981 746 190).
A finais deste mes haberá unha reunión cos inscritos para falar dos horarios e demais asuntos de interese.
Novas relacionadas
- Toño Casais, novo Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
- A bitácora da semana (CLXXXVIII): O Grupo de Facebook Fillos de San Marcos.
- Da rectoral ás ondas.
Fonte
- Concello de Corcubión.