Corcubión mantén vivo o seu Entroido

07:09 29/01/15

Non parece que vaian aparecer os peliqueiros ou as pantallas por Corcubión, pero a vila de San Marcos xa se prepara para o tradicional concurso de comparsas e disfraces. Un concurso que non ten a acidez dos anos da Banda, pero que se mantén vivo.
A cita será o sábado 14 de febreiro, e repartiranse 705€ en premios para as dúas categorías. Ademais haberá regalos para os máis pequenos disfrazados, así como una chocolatada gratis para todo o mundo.
Xoves de comadres
A primeira cita festexeira será o xa tradicional Xoves de Comadres que celebra a comisión da muller do BNG local. O xocves 12 de febreiro armarán unha boa na praza Castelao e na posterior Cea. Ademais este ano participará unha "Delegación Internacional de Comadres”…

Entroido 2015
- Dumbría prepara o seu certame de Comparsas dende Ardebullo.
- O Entroido de Fisterra xa ten pregoeiro.
- O Faustino e o Farruco camiñarán xuntos por primeira vez.
- Ponteceso e Corme terán unha fin de semana de Entroido de vertixe.
- A Mikaela ponse de curto.
- Unha gran cea para invitar á Mikaela ao Entroido 2015.
- Comeza o arrecendo a entroido polo Pindo e Fisterra.
Máis novas
- Entroido Corcubión 2010: O Entroido de Corcubión non ten pelos na lingua .
- Entroido Dumbría 2014: O Entroido de Dumbría apostou pola risa.
- 2013: As Cantareiras de Ardebullo encheron de risas o Entroido de Dumbría.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Cee 2014: O Entroido de Cee batíu marcas de participación e retranca.
Fonte
- Concello de Corcubión.