Do Casón a Nunca Máis dende Corcubión

08:05 13/06/13

Este sábado 15 de xuño, a Universidade Cromática das Virtudes invítanos a participar nunha xornada de reflexión na Capela do Pilar. A partir das 19:00h, comezará o debate baixo o lema "Do Casón a Nunca Máis", comezando coa presentación do libro "Prestige. Tal como fomos, tal como foi", coa presencia do seu autor, Xosé Lois Pereiro.
De seguido terá lugar a proxección de varias documentais: "Casón 1987", de Xabier R. Blanco e Luís Montenegro; e "Sete días de novembro", do propio Pereiro.
Máis información
Novas relacionadas
- Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
- Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).