Venres. 25.09.2020
El tiempo

Corcubión sumérxese nun mundo de arte

Os nomes dos artistas que participarán no Festival Artenauta de Corcubión
Os nomes dos artistas que participarán no Festival Artenauta de Corcubión
Corcubión sumérxese nun mundo de arte

Esta fin de semana o Festival Artenauta coloca a vila de Corcubión no centro creativo da comarca. Máis de 20 artistas percorrerán rúas e espazos coa súa pintura, escultura, poesía, música, fisolofía, fotografía, audiovisual, teatro…

O completísimo programa fará que esta fin de semana do 14 ao 16 de agosto sexa recordado por temos, como esa fin de semana daquel atípico onde a cultura sobreviviu a ese covid-19 que si conseguiu bater o verbeneo habitual destas datas.

E todo gracias a innumerables colectivos, e sobre todo a esas persoas que cun sentido aglutinador está intentando facer cousas polo ben de todo. Entidades como Boca de Sapo, a Universidade Cromática das Virtudes ou a Universidade Popular de Corcubión comparten protagonismo con eses locais de hostalería convertidos en museos, ou con esa veciñanza que acolle receptiva e ilusionada as novas propostas.

Nomes concretos, ademais dos artistas, atopámolos no titiriteiro, actor e escultor Borja Insua; no deseñador gráfico Andrés López; no fotógrafo Senén Insua, no poeta Alex López; na comunicadora e pintora Yolanda del Campo; ou na investigadora e productora cultural, María Bella. Súa é a organización e creación de todo este material informativo para que disfrutemos dunha experiencia completa na visita que debemos facer esta fin de semana pola vila de San Marcos.

Os artistas

Kukas, Viki Rivadulla e Pablo Orza serán os que poñan as súas pinturas a disposición do visitante, no Cárcere Vello, no Riveiro e na Gavilla respectivamente.
O santiagués Arturo Salvador fará unha exhibición de breakdance e un obradoiro para nenos a partir dos 5 anos.
Olaia Sendón proxectará “Os fabulosos irmáns da luz”, o documental sobre o comezo do cine na comarca. E completando o eido audovisual o corcubionés Andrés López participará cunha instalación que mestura tradición e tecnoloxía.
En clave de poesía Álex López lerá, coa música do seu amigo Elías Outes, as “Poesías e &Pezas”, e o protagonismo musical será para Leo i Arremecaghoná, o propio Pablo Orza, As Rinchonas de Corcubión, e como non, Héctor Lera & Tres Calquera, que non fallarán á súa cita habitual no verán corcubionés. A escea completarase coa representación da premiada obra Papiroflexia, da compañía veciña Farándula Velutina.

Non faltarán as exposicións de escultura da man de Borja Insua, Camilo Seira e Oscar Aldonza; nin de fotografía, da man do corcubionés Senén Insua, a dumbriesa Alba Cambeiro, @s [email protected] Raúl Simón, Lucía Gómez e Ana Naveiro, e a alemá Bárbara Prummer.
E para quede constancia física do feito, o Pelucas deixará un mural nun muro do paseo marítimo.

Ramón Caamaño: Artenaura de Honra

Outra das citas singulares será a homenaxe ao fotógrafo Ramón Caamaño. Mestres espera o recoñecemento das administracións en forma de recuperación e posta en valor do seu legado (a día de hoxe custodiado polo seu xenro), a vila poderá disfrutar dunha expo-proxección que terá lugar nunha fachada da Praza Castelao o sábado e o domingo en horario de 22hrs a 00:00hrs.

As píldoras filosóficas

Pola semana, para ir quecendo motores, omestre Miguel Vázquez Freire está lanzando pezas filosófico-radiofónicas na emisora municipal de Corcubión, radiONeria. Aquí deixamos algunha:

Programa e Mapa

programa_artenauta_corcubion 2020Mapa-programa_artenauta_Corcubion

Novas relacionadas

comentarios