Martes. 16.04.2024
El tiempo

Menudo nivelón no Entroido de Cee

Menudo nivelón no Entroido de Cee
Entroido-Cee-2015-Salvame-DeLires-1

Fermoso e auténtico a festa do Entroido de Cee celebrada o pasado sábado de Piñata. A carpa situada na praza 8 de marzo acollía un fantástico Concurso de Comparsas, un dos máis numerosos dos que se recordan. Ata 7 comparsas, chegadas non só do Concello ceense, se non tamén de Dumbría, Louro, Vimianzo e Corcubión, facendo desta festa un novo festival da retranca, como o veciño entroido fisterrán.
En todo caso, seguimos botando de menos que o Entroido invada todo, non só as comparsas, e que poidamos ver como os pubs, as rúas, están cheas de disfraces durante os días de festa.

Este ano, a Concellería de Cultura, comandanda por Victor Castiñeira, quixo darlle unha volta ao xurado. Os membros das asociacións da vila propuxéronlle unha valoración máis técnica, pois nos últimos anos os que facíamos de xurado, todos medios de comunicación, valoramos sempre máis as afiadas coplas que os traballados traxes. Este ano, o xurado compúñase por 3 persoas relacionadas co mundo do teatro galego (Felipe Díaz Valle "Caxoto", actor profesional na compañía Dinamo Teatro; Saleta Fernández Torre, actriz profesional na compañía Teatro do Astracán; e Alberto Torres Espiño, actor profesional na compañía Código Morsa) ademais da aportación, en clave local, de QPC. O que redacta dá boa fe que a deliberación foi a máis xusta, e apretada, das feitas nos 8 anos de vida do xornal, no que participou como membro do xurado en ducias de concursos de entroido.

O que nos queda é o nivelón que demostraron as 7 comparsas da volta, sobre todo as de Lires, Gures, Buxantes e Louro, que foron as preferidas por un xurado que marchou encantadísimo das fantásticas propostas festexeiras da Costa da Morte. Uns certames que sempre serven para pulsar as preocupacións da veciñanza, e voltamos a comprobar que estes anos a corrupción é tema de debate.

Xurado do Entroido de Cee Entroido Cee 2015-Victor Castineira no escenario da carpa

Trala ardua deliberación…

Entroido Cee 2015-Salvame deLires con Mabel en escena

E a ardua deliberación entre os membros do xurado, deparou que a vitoria, e os 750€ do primeiro premio, recaesen no Sálvame DeLires, a comparsa que quedara 4ª en Fisterra, repetiron a vitoria do ano pasado. E precisamente arrincaron, en clave Queen, a actuación cunha canción falando de como afectara á vila as súas batidas contra a Igrexa.
Fantástico o TV show que montaron os Jorge Javier e compañía politiqueira, de nivel local e estatal. Bravas demostraron ser as políticas da Costa da Morte, pois as Zaira e Marisol apenas deixaron falar aos números 1 dos “Partido Copular” e “Partido Suciolisto”. Divertida a irrupción de Mabel na escena, e fantásticos os bailes de Ramón Vigo, que amenaza de novo ca alcaldía…

Dá conta esta comparsa de como é o entroido costeiro. I é que o mesmo Jorge Javier non era outro que Serxio Domínguez, voceiro do BNG ceense. E unha das parodias, para demostrar que aquí hai candela para todos, traía ao propio “piquiniño”, o Serxio, vestido de BNG, e vendo como unha Oca non para de picarlle… Fantástica sátira das loitas internas durante esta pasada lexislatura no grupo nacionalista.

Divertidos e afiados o gran “blues-rock de prisión” e o “Roubando” de Enrique Iglesias, demostrando que a corrupción foi protagoniste este ano, como o fixo o anuncio publicitario do “Rato” pedindo confianza en Bankia… Boísimos.

Entroido Cee 2015-Salvame DeLires de desfile co Partido Suciolisto e Partido Copular

Antes, desfile de carrozas, premios individuais e charanga

Entroido Cee 2015-Decirconada a mellor Carroza

Antes das actuacións (Lires foi precisamente a última), a festa comezou co desfile de carrozas amenizado pola sempre activa Charanga Escándalo, que estivo atenta toda a noite para non deixar segundo sen música. Impresionantes algunhas das carrozas, como as DeCirconada de Gures, que levaron o primeiro premio de 450€, por diante da naviera dos loureáns Rueirada ou do xigante paiaso do Circo do Sol de Buxantes Calidade.

Entroido Cee 2015-Carroza de Rueirada 2 Entroido Cee 2015-Rio Rock no defile Entroido-Cee-2015-Rueirada-de-desfile Entroido-Cee-2015-Gondoleiros Entroido Cee 2015-Parella de Papel

Un bo aplauso o que levou Rafa Quintáns e mailo fillo Raúl, que gañaron unha vez máis o premio individual sendo unha fantástica parella de papel. Rafa ademais quixo ter unhas palabras animando a todo o mundo a participar no entroido, deixando claro que armar un disfraz en familia é toda unha experiencia. A ver se agora os plenos van ter que ser por juasap e así aforramos moito…

E repasamos o resto das xornadas

Entroido-Cee-2015-Emoijs

Eran os vimianceses de Rio Rock, os que arrincaron o concurso. Ducias de paxariños de película, con disfraces verdadeiramente traballados, invadiron o escenario cuns tamborileiros ben cañeiros e uns bailes estupendos.

Deron paso aos ceenses da Asociación Cultural Terra de Sena, que viña de “Emoijs”, os emoticonos do “Juasap”. Como nos cambiaron a vida estes aparellos, e precisamente sobre esa influencia das redes socias e as novas tecnoloxías rondaba a sátira. “Hai que actualizar o Fb”, valoraban, ao tempo que lembrar o striptease da discoteca, ou a corrupción por mor dese corrector que lle cambiou ao político de turno “disputas” por “dos putas” .
O Bailando de Alaska (agora “Falando”) estivo espectacular (“Falo todo o díaaa, co móbil sen compañia”) tamén tivo espazo para a corrupción, Levaron o 5º premio, e os 300€ do mesmo.

Entroido-Cee-2015-Emoijs-botando-un-selfie Entroido Cee 2015-Circo do Sol de Buxantes Calidade

De seguido chegaban os membros de Buxantes Calidade, que non puideron desplegar todo o seu arsenal porque non lles entraba na carpa. Quedaron (400€), pero moi pegadiños aos 3 primeiros, co seu Circo do Sol cun espectacular despliegue pirotécnico. Pero antes, o César Ferrío non falla e mete unha retranca fantástica, sempre adaptando as sátiras ao eido local. Se en Fisterra tocoulles ao alcalde e ao teniente alcalde, aquí foron a alcaldesa e a súa secretarias as protagonistas das bromas: “as dúas adoecen por ver quen vai máis juapa por aí, como cando veu ese cruceiro que parou pero non deixou nada… Parecen Cospedal de Vilar de Toba e Soraya de Camiños Chans”… Tiveron tamén para o exalcalde: “Ese si que é un bo alcalde. Sempre estirado, ese peliño para atrás, co peitiño ben para fóra coma un jalo… E tamén se lembraron do adoquín que vai e ben, e desa perigosa rotonda do Mercadona, que ademais de colocarlla á empresa privada por decreto, xa leva varios accidentes.

Entroido Cee 2015-Ferrio con Buxantes Calidade Entroido Cee 2015-Circo do Sol de Buxantes Calidade 2 Entroido-Cee-2015-Rueirada-de-musical-anos-50

O 2º Premio, de 600€ foi para a comparsa da US Navy 1950 da Asociación Rueirada de Louro. Os membros do xurado quedaron encantados coa perfección de todos os traxes e da carroza, e sobre todo, coa fermosa historia que armaron sobre o escenario. I é que aínda que faltou copla local (a obra foi un continuo playback), a actuación levounos ata os anos 50 cun musical entre membros da armada estadounidense daqueles tempos. Que swing tiñan os protagonistas e todos os que participaron nas traballadísimas, e sexis, coreografías.

Entroido Cee 2015-Rueirada de musical anos 50 Entroido Cee 2015-Decirconada de Gures

”De Circo nada”, de Gures levaron o 3º premio, consistente en 500€, e de valorar son as reflexións do xurado que recoñeceron que as actuacións clown foron dun nivel moi profesional. Os membros da A.C As Caldeiras propuxeron algo distinto, sen copla, con actuacións mudas, pero a falta de música deixou que foras as risas dos máis pequenos as que fixeran de BSO.
Houbo un pequeno espazo, entre skech e skech cómico, para a mordacidade, e se lembraron os 17 anos de obras da Casa da Cultura (recén estreada a biblioteca, por certo) ou para o “a culpa é túa” entre os PP e PSOE, coa loita das feras…

Na 7ª praza (levan 200€ de axuda) remataron os Gondoleiros do Baile Nerio de Corcubión. Pero tremendamente meritorio o trabalo destes pequerrechos, que nos levaron de viaxe ás orixes venecianas do Carnaval, pero que ademais tiveron tempo para cantaros varias coplas, das de toda a vida. Que se Autovía (e a sempre polémica peaxe da AG-55, que se pensións, que se o heliporto, que se as inundacións, que se a Operacion Orquesta, que se fusión de concellos, que se “Xan García enchendo o bandullo a costa de Neria”… Moitos versos de corrupción, e mesmo dando consellos, como facer a Concha nudista para gañar turismo…

Entroido-Cee-2015-Gondoleiros-de-Corcubion

Encantados de participar, un ano máis, como xurado do entroido Ceense!!

Entroido 2015

Máis novas

Fonte

Comentarios